Avaliámonos
A través das actividades que fuches realizando, individual ou en equipos, da lectura de documentos, a manipulación de páxinas web e a creación de novos materiais, traballaches todas as competencias do currículo.
Lectura facilitada
Cualificación desta unidade
- Traballo diario: 50%
- Tarefa "A nosa vivenda máis antiga": 50%
Avaliación do traballo diario na aula
Avaliación da tarefa "Análise da nosa vivenda máis antiga"
- Lembra que debes subir o informe ó Portfolio e logo, nunha versión reducida, ó Padlet.
- Rúbrica.
Audio
Criterios de avaliación
Criterios de avaliación da materia de Lingua galega
- CA1.5 - Elaborar traballos de investigación de maneira progresivamente autónoma en diferentes soportes sobre diversos temas de interese académico, persoal ou social, partindo da información seleccionada.
- CA2.1 - Comprender e valorar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante en función das necesidades comunicativas e a intención do emisor en textos orais, escritos e multimodais de certa complexidade de diferentes ámbitos, analizando a interacción entre os diferentes códigos e avaliando a súa calidade, a súa fiabilidade e a idoneidade da canle utilizada, así como a eficacia dos procedementos comunicativos empregados.
- CA2.2 - Realizar exposicións e argumentacións orais e escritas de certa extensión e complexidade con diferente grao de planificación sobre temas de interese persoal, social, educativo e profesional axustándose ás convencións propias dos diversos xéneros discursivos, con fluidez, coherencia e cohesión e co rexistro adecuado en diferentes soportes, utilizando de maneira eficaz recursos verbais e non verbais.
- CA2.3 - Participar de maneira activa e axeitada en interaccións orais informais e en situacións orais formais de carácter dialogado, mantendo actitudes de escoita activa e estratexias de cooperación conversacional e de cortesía lingüística.
- CA2.5 - Planificar a redacción de textos escritos e multimodais sinxelos, atendendo á situación comunicativa, ao destinatario, ao propósito e á canle, presentando, despois da súa revisión, un texto final coherente, cohesionado e co rexistro adecuado.
- CA2.6 - Localizar, seleccionar e contrastar información de maneira progresivamente autónoma procedente de diferentes fontes, calibrando a súa fiabilidade e reelaborala e comunicala de maneira creativa adoptando un punto de vista crítico e respectando os principios de propiedade intelectual.
- CA2.7 - Adoptar hábitos de uso crítico, seguro, sustentable e saudable das tecnoloxías dixitais con relación á procura e á comunicación da información, reflexionando sobre as posibles manipulacións presentes nas canles de transmisión da información
- CA3.1 - Comprender e interpretar o sentido global, a estrutura, a información máis relevante e a intención do emisor de textos escritos e multimodais de certa complexidade, realizando as inferencias necesarias e con diferentes propósitos de lectura.
- CA4.1 - Incorporar procedementos para enriquecer os textos atendendo a aspectos discursivos, lingüísticos e de estilo, con precisión léxica e corrección ortográfica e gramatical, valorando o dominio do sistema fonético-fonolóxico, o uso do léxico tradicional e as construcións morfosintácticas máis xenuínas.
- CA4.2 - Revisar os textos propios de maneira progresivamente autónoma e identificar e solucionar os problemas de comprensión lectora utilizando os coñecementos explícitos sobre a lingua e o seu uso
- CA4.3 - Explicar e argumentar a interrelación entre o propósito comunicativo e as eleccións lingüísticas do emisor, así como os seus efectos no receptor, utilizando o coñecemento explícito da lingua e a metalinguaxe específica.
Criterios de avaliación da materia de Tecnoloxía
- CA1.1 - Idear e planificar solucións tecnolóxicas que xeren valor para a comunidade após analizar as necesidades da contorna.
- CA1.2 - Aplicar estratexias colaborativas de xestión de proxectos, validando iterativamente desde a ideación ata a difusión.
- CA1.3 - Xestionar un proxecto de forma creativa, empregando técnicas de investigación e ideación para obter solucións eficientes, accesibles e innovadoras.
- CA1.5 - Intercambiar información e fomentar o traballo en equipo de maneira asertiva.
- CA1.6 - Analizar os beneficios da arquitectura bioclimática e do eco-transporte no desenvolvemento sostible.
- CA1.7 - Identificar e valorar o alcance social dos proxectos tecnolóxicos a través de comunidades abertas, voluntariado ou servizo á comunidade.
- CA5.1 - Crear contidos e difundilos en distintas plataformas, configurando axeitadamente as ferramentas dixitais e respectando os dereitos de autor.
- CA5.2 - Presentar e divulgar propostas tecnolóxicas de maneira efectiva, empregando unha linguaxe inclusiva e non sexista, xestionando o tempo e a expresión oral/visual.
- CA5.3 - Organizar a información de forma estruturada e aplicar técnicas de almacenamento seguro.
Criterios de cualificación
- Autoavaliación do traballo na aula a través da rúbrica inicial.
- Autoavaliación da aprendizaxe de novos contidos a través dos cuestionarios que hai ó longo dos capítulos.
- Adquisición de novo coñecemento a través da valoración da profe das tarefas:
- Deseño do roteiro.
- Creación do díptico do roteiro.
- Difusión da convocatoria.
- Participación activa no roteiro e na difusión dos seus resultados, respectando o traballo en equipo, e cumprindo o teu rol.
