Obxectivo
Esta é unha unidade de repaso e aplicación de todos os ODE do proxecto BauGal. Deseñando un "Paseo de Jane" poñeremos en práctica o aprendido nas secuencias anteriores, avaliando o proceso global.
Esta é unha unidade de repaso e aplicación de todos os ODE do proxecto BauGal. Deseñando un "Paseo de Jane" poñeremos en práctica o aprendido nas secuencias anteriores, avaliando o proceso global.
Preme sobre as lupiñas de cada casa para saber que faremos en cada sesión.

Nesta sesión introdutoria veremos polo miúdo o que é o urbanismo, analizaremos que obxectivos ODS teñen se alcanzan cun urbanismo sostible e coñeceremos o concepto SMART city e SENSEABLE city: cidades intelixentes e sensibles.
Vivendas con tecnoloxías intelixentes e xestión eficiente da enerxía contribúen a perfilar as cidades do futuro. Abriremos a porta ó deseño dos nosos propios sistemas de IoT e domótica.
A columna vertebral dunha cidade son as súas infraestruturas, así que analizaremos que requisitos deben cumprir as dunha cidade intelixente.
As cidades sensibles deben respirar coa veciñanza: neste punto da secuencia didáctica achegarémonos ó concepto dos coidados e o tecido socioeconómico, facendo fincapé nas contorna dixitais en que navega a mocidade.
A sostibilidade ambiental é o obxectivo último das novas cidades. Reparasemos todos os conceptos anteriores e veremos exemplos de xogos programables para profundizar na parte tecnolóxica.
É o momento de traballar en equipo e interdisciplinarmente: trasladaremos a un mapa físico todo o reflexionado ata agora.
Punto final de cada secuencia: repasaremos os contidos aprendidos, as competencias que melloramos e o nivel de alcance dos criterios de avaliación. Farémolo a partir de cuestionarios de autoavaliación e de postas en común.
O urbanismo sostible e a arquitectura bioclimática teñen unha relación estreita cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), xa que ambos enfoques promoven un desenvolvemento que respecta o medio ambiente, mellora a calidade de vida das persoas e fomenta a xustiza social. Estes dous campos están no corazón da transición cara a cidades máis verdes, resilientes e saudables, e contribúen á mitigación do cambio climático, á eficiencia enerxética e á preservación de recursos naturais.
O urbanismo sostible e a arquitectura bioclimática están moi relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
Ambos buscan:
Contribúen tamén a aforrar enerxía, usar mellor os recursos naturais e frear o cambio climático.
O estilo arquitectónico é unha das decisións máis importantes á hora de facer o deseño, e afecta tanto ó aspecto exterior como ó interior, obedecendo ás necesidades das persoas habitantes (función), á estética (forma) e á paisaxe onde se constrúe (clima e materiais).
A arquitectura reflicte os cambios sociais, culturais e tecnolóxicos de cada época. Neste percorrido imos descubrir os estilos máis influentes desde o século XX ata hoxe.
A Bauhaus era unha escola que quería ensinar arte, facendo simbiose de pintura, escultura, téxtil, enxeñería e arquitectura. Consideraban que ser experto/a en varias artesanías faríate mellor en todas elas, polo cal na súa escola había formación en diversas artesanías. Principalmente producía artigos comerciais para o fogar e moito deseño gráfico. En arquitectura, a persoa referente foi Walter Gropius. Este estilo expandiuse por todo o mundo despois de que o partido nazi pechase a escola e a súa facultade e os e as estudantes fuxisen por todo o mundo. Tel Aviv ou Chicago son paraísos para moita arquitectura derivada da Bauhaus.
O estilo moderno internacional é unha rama do modernismo que se centrou en tentar atopar un verdadeiro prototipo de edificio obxectivamente útil e belo e que puidese crearse en calquera parte do mundo (de aí o nome). Estaba moi enfocado na planificación espacial e aproveitou os novos avances en materiais e tecnoloxía para unha aparencia radicalmente nova. Mies Van Der Rohe, proveniente da escola Bauhaus, é probablemente o principal impulsor. O groso da súa obra está en Chicago (tivo que fuxir dos nazis). O mercado comercial namorouse del, especialmente debido á flexibilidade e o custo, e a ser tan novo. Unha chea de grandes empresas como SOM xurdiron dos ensinos de Mies e comezaron a producir un gran número de edificios nese estilo para calquera corporación que lles dese a oportunidade, polo que o estilo finalmente pasou de ser unha perspectiva nova e emocionante a algo un tanto corporativo.
O estilo arquitectónico é unha das decisións máis importantes á hora de facer o deseño, e afecta tanto ó aspecto exterior como ó interior. A función que van ter os espazos vai condicionar a forma.
A miúdo existen limiatacións estilísticas impostas polos concellos onde se obra, polo que debe coñecerse a normativa.
Asimesmo, é desexable integrar a vivenda na súa contorna e minimizar tamén o impacto visual da obra.
Arquitectura e Urbanismo son disciplinas relacionadas entre si que abordan a planificación, deseño e desenvolvemento do medio construído, desde a vivenda ata a cidade. A arquitectura e urbanismo dun espazo determinan a nosa forma de relacionarnos, traballar e vivir.
De acordo coa OCDE (2018), a tendencia da humanidade é a de concentrarse en cidades. Calcúlase que no 2050 un terzo da poboación española vivirá en Madrid ou Barcelona.
O problema das cidades é que consomen 3/4 dos recursos mundiais, a maior parte na construción e mantemento de edificios. O sector da construción é responsable principal das emisións CO₂ e da xeración de residuos. Por riba, as cidades están máis pensadas para os vehículos e factorías que para a cidadanía. Pola súa alta contaminación e pola ausencia de espazos adecuados para manter distancias, as cidades son focos de enfermidades.
A nosa saúde está determinada pola alimentación e o deporte pero tamén polo lugar que habitamos, e a miúdo este non é saudable. A maioría dos nosos fogares están feitos de cemento, material que contén unha ampla variedade de metais pesados como cromo ou zinc. As pinturas e vernices derivados do petróleo desprenden partículas tóxicas. Todos estes elementos, xunto á contaminación de fábricas e tubos de escape, producen alerxias, enfermidades inflamatorias e mesmo cancro.
A Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou, no 2015, a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible: un plan de acción en favor das persoas, o planeta, a prosperidade e a paz. Ese plan contempla 17 liñas de acción, a maioría das cales teñen que ver co urbanismo e a vivenda, é dicir, coa forma en que habitamos o mundo.
A día de hoxe, cumpridos dous terzos do tempo previsto para lograr os diferentes obxectivos, a realidade é que só un 15% están ben encamiñados, un 48% atópanse moderadamente atrasados e un 37% están estancados ou en serio perigo de non conseguirse, a pesares de que existe evidencia científica de que o logro dos ODS xera beneficios económicos, ambientais e sociais.
Un dos aspectos que máis preocupa á cidadanía é o quecemento global, relacionado coas emisións de CO2. No período 2015-2023 en España as emisións reducíronse nun 20 %, pasando de 5,92 a 4,94 toneladas de CO₂, malia que aínda superan a media global. O tipo de arquitectura e urbanismo do noso país son factores determinantes nesas emisións.
Nun contexto global onde a escaseza de recursos e os impactos ambientais son retos crecentes, construír baixo criterios sostibles non é só unha opción, senón unha responsabilidade colectiva que contribúe ó benestar de todos.
| EXCELENTE | NOTABLE | SUFICIENTE | INSUFICIENTE | MAL | |
|---|---|---|---|---|---|
| Actitude na aula | Escoito, sigo as indicacións e mesmo me separo d@s compañeir@s cando molestan. Pregunto cando non entendo, respondo cando preguntan e mesmo axudo ós/ás compañeir@s se están perdid@s (3) | Escoito e sigo as indicacións. Escoito e pregunto cando non entendo (2) | Máis ou menos sigo as indicacións en xeral, pero a veces non o consigo. A veces estou centrad@ na clase e outras estou despistad@ (1.5) | Non me apetece ou non podo estar tranquil@ na aula e comportarme. Raramente participo. (1) | Non podo estar na aula, é un sufrimento, e fago por que me boten. (0) |
| Traballo na aula | Leo os contidos teóricos e fago todas as actividades, gardando rexistro delas (libreta ou virtual), e presentando evidencia de telas feito (3) | Normalmente fago as tarefas, aínda que lin os apuntamento teóricos por riba e non teño gardadas e ordenadas as actividades (2) | Fixen as tarefas por intuición, sen ler moito antes, e enviei evidencia de telas feito, pero non gardei rexistro (1.5) | Fixen algunhas tarefas pero non enviei nin gardo evidencia (1) | Non fago as tarefas na aula. (0) |
| Traballo cos equipos informáticos | Intento usar sempre o mesmo equipo, gardo o cargador e rato na caixa correspondente e uso as aplicacións que preciso para cada tarefa. Non entro en pestanas que non correspondan. Teño unha carpeta no escritorio e se descargo arquivos, gárdoos na miña carpeta. Fago por manter limpo o escritorio. (3) | Intento usar sempre o mesmo equipo, gardo o cargador e rato na caixa correspondente e uso as aplicacións que preciso para cada tarefa. Raramente entro en pestanas que non correspondan. Non sempre gardo os arquivos que descargo na miña carpeta, pero fago por manter limpo o escritorio. (2) | Uso equipos distintos según o día, así que non gardo moito control nin do que descargo nin do estado do escritorio e carpetas. Procuro non entrar en páxinas que non correspondan, pero a veces... Vixío que rato e cargador se gardan na caixa adecuada. (1.5) | Uso equipos distintos según o día e non reparo nin no que descargo, nin no escritorio. Non verifico que gardo cargador e rato na caixa correspondente. Navego por onde me parece. (1) | Uso o ordenador que cadra e para o que me peta. (0) |
| Creatividade | Interésame bastante o tema, teño curiosidade e pregunto, amplío información buscando en sitios web ou lendo ou vendo vídeos, traslado á miña vida o que aprendín propoñendo ou pensando en melloras na miña contorna. (1) | Interésame bastante o tema, teño curiosidade e pregunto, amplío información buscando en sitios web ou lendo ou vendo vídeos (1) | Interésame algo o tema e doume conta de que o aprendido forma parte da realidade na que vivo (0.5) | Non me interesa moito o tema e non o conecto con nada do que me rodea (0.25) | Nin me enterei de que foi o tema nin me importa (0) |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Compartir igual 4.0