Avaliámonos
A través das actividades que fuches realizando, individual ou en equipos, da lectura de documentos, a manipulación de páxinas web e a creación de novos materiais, traballaches todas as competencias do currículo.
Criterios de avaliación
CA 1.4 e CA2.2: valorar as solucións técnicas e os criterios utilizados na selección de materiais en obras arquitectónicas modernas. Aplicalo ó caso concreto dunha rehabilitación en Navia de Suarna.
CA1.7: coñecer a asociación SER e o seu servizo á comunidade (desde a óptica da arquitectura bioclimática).
CA1.1 a 1.6, CA2.1 e CA2.2 : aplicar de xeito consciente, riguroso, creativo e práctico o método de proxectos no deseño dun prototipo. Traballar en equipo e comunicar adecuadamente os resultados.
CA5.2: expresar e defender propostas de maneira efectiva, empregando ferramentas audiovisuais e técnicas de comunicación clara.
CA3.2: coñecer o vocabulario propio do CAM (fabricación asistida por computadora, neste caso, impresión 3D.)
CA3.1, CA4.1: montar e programar circuítos de control con Arduino, valorando ampliar coñecementos a través de videotitoriais fóra do ODE (CA 4.3).
Criterios de cualificación
- Autoavaliación do traballo na aula a través da rúbrica inicial.
- Adquisición de novo coñecemento: cuestionario final "Mover os marcos" sobre conceptos da unidade. Antes, revisa a lista de cotexo "Que aprendín?" que che deixamos a continuación.
- Valoración das tarefas:
- A túa proposta de espazo rehabilitado.
- SCAMPER: propostas iniciais debidamente razonadas.
- Plano 2D do espazo + vídeo con precorrido virtual.
- Modelo 3D do prototipo (maqueta en certos casos).
- Exposición oral dos resultados.
