Nos cursos de 1º e 2º ESO aplicaches en numerosas ocasións o método de proxectos, que é o propio da Tecnoloxía. A diferencia do método científico, que se basea en observar unha evidencia empírica, formular hipóteses, comprobalas e deducir unha teoría que explique o observado, no método tecnolóxico o que buscamos é dar solución a un problema da nosa vida. Cales son as súas fases de execución?
Descrición detallada do problema de partida
Proposta de solucións
Análise de solucións
Selección da solución óptima ( (ter en conta criterios de eficiencia, sustentabilidade, economía, estética...)
Deseño da solución: bosquexo
Elaboración de planos e esquemas técnicos
Busca e selección de materiais e ferramentas
Implementación da solución: arranxo ou prototipo
Proba da solución (arranxo/prototipo)
Elaboración memoria técnica
Comprobar
Correcto!
2025622163631-120
Actividade non completada#Actividade superada. Puntuación: %s#Actividade non superada. Puntuación: %s#Lista desordenada
A resposta correcta é:
O método de proxectos explicado nun diagrama de fluxo
Ana Moreiras. Diagrama de fluxo do proceso tecnolóxico(CC BY-SA)
O problema inicial: que rehabilitamos?
Xa coñeces o método de proxectos no taller de Tecnoloxía: imos partir dun problema e xerar o prototipo dunha solución. Traballaredes en parellas, simulando ser unha cooperativa de arquitectura bioclimática.
A diferencia dunha empresa, na cooperativa hai sempre unha vocación de servizo á comunidade. No caso concreto da arquitectura bioclimática,
Rehabilitan vivendas, espazos públicos ou edificios comunitarios usando criterios bioclimáticos.
Colaboran con comunidades locais para recuperar espazos abandonados ou mal aproveitados (escolas pechadas, centros sociais, casas tradicionais…).
Apostan pola autoxestión, o traballo en rede e a propiedade colectiva ou compartida.
Fan divulgación, formación e asesoramento sobre vivenda sostible e dereito ó hábitat.
A vosa cooperativa vai abordar a rehabilitación dun espazo cos fins que escollades, tendo en conta o anterior. Para isto, recurrirá ó método de proxectos: fará un estudo da situación, deseñará unha proposta e creará un prototipo. Analicemos as fases:
1. Problema de partida: rehabilitación
Ana Moreiras. PIREP: Rehabilitación en Entrimo(CC BY-SA)
Buscade unha vivenda pública ou candidata a ser mercada con cartos públicos, que estea en estado de abandono. Queremos adaptala para un fin social/ambiental/cultural que vós mesmas decidiredes. Ides presentarvos ás axudas do plan PIREP: Programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos.
Con estas axudas, a administración pública quere dar exemplo do camiño cara á descarbonización do sector construtivo, renovando, antes de 2050, o parque público autonómico para convertelo en edificios de alta eficiencia enerxética, esteticamente coidados e inclusivos, cun aforro mínimo do 30 % de enerxía primaria non renovable en cada actuación.
Que vos van financiar, e polo tanto en que debedes fixarvos?
Tipos de actuación (PIREP Autonómico)
Tipo
En que consiste
Financiación máx.
A. Eficiencia enerxética
Illamento de fachadas e cubertas, carpinterías eficientes, enerxías renovables (FV, biomasa, aerotermia), iluminación LED, sistemas de xestión BMS…
100 % (sen IVE)
B. Sostibilidade
Aforro de auga, cubertas verdes, zonas para bici/VE, xestión de residuos, adaptación ó cambio climático, biodiversidade…
Até 85 %
C. Accesibilidade universal
Ascensores, rampas, baños accesibles, sinalética inclusiva, eliminación de barreiras físicas, cognitivas e sensoriais.
Até 85 %
D. Habitabilidade e seguridade
Confort acústico, calidade do aire, protección contra radon e incendios, mellora estrutural, retirada de amianto.
Até 85 %
E. Conservación
Reparación estrutural, renovación de saneamento, electricidade ou climatización en mal estado.
Até 85 %
Imos facer un prototipo da vosa proposta de rehabilitación.
2. Análise do problema
Definide adecuadamente as necesidades e o estilo de vida de quen vai vivir na vivenda. Un bo deseño garante comodidade, confort pero tamén eficiencia enerxética.
Debedes ter en conta aspectos como a distribución dos espazos, a elección dos materiais, a iluminación e ventilación adecuadas...
Non ides executar a obra, pero podedes ter en conta o presuposto e a pegada ecolóxica á hora de facer a maqueta.
Sexa cal sexa o proxecto que deseñedes, debedes ter en conta todos os aspectos que vimos ó longo das unidades anteriores: orientación no espacio, tipo de terreo, clima (luz, precipitacións e ventos), sistemas de aforro pasivos e activos, uso de novas tecnoloxías, domótica e IA, sistemas de mellora de eficiencia nas instalacións de enerxía, integración na paisaxe, etc.
É esencial que definades a función do edificio, POIS A FORMA SEGUE Á FUNCIÓN. Proposta: vede este programa de Escala Humana de RTVE- Futurismos
3. Ferramentas para idear solucións innovadoras: SCAMPER e mapa de ideas
Unha solución innovadora resolve un problema de forma creativa, eficiente e viable. Na arquitectura, pode supoñer deseñar vivendas que aproveiten a luz natural, usen materiais sostibles ou se adapten a persoas con mobilidade reducida.
Emprega técnicas creativas como SCAMPER (Substituír, Combinar, Adaptar, Modificar, Poñer outros usos, Eliminar, Reordenar) ou un mapa de ideas. Axúdanche a xerar alternativas orixinais.
Un mapa de ideas funciona así:
Tema central: colócase no centro do mapa (por exemplo: vivenda sostible).
Ramificacións principais: parten do centro e representan ideas clave (por exemplo: materiais, enerxía, deseño...).
Subramas: conectan ideas secundarias relacionadas coas principais (por exemplo: dentro de enerxía: solar, xeotérmica, biomasa).
Palabras clave e imaxes: úsanse para visualizar os conceptos dun xeito claro.
Forma radial: aseméllase á estrutura dunha árbore ou neurona.
4. Da idea ó prototipo: bosquexo, planos e esquemas técnicos, follas de proceso
Xa sabes como vai esto do método de proxectos! Detectamos un problema, formulamos unha idea, facemos un bosquexo, deseñamos o prototipo e construímolo. Nos capítulos seguintes imos ver softwares para deseñar a túa vivenda e un exemplo de maqueta. Pero antes hai que ter un bosquexo:
Sintetiza os criterios básicos que debe cumprir a túa construción e introdúceos como "prompts" nun programa de deseño de imaxes de IA para ver que propostas che fai.
Debuxa a lapis varios deseños antes de escoller un. Pensa nas dimensións e materiais que terá a túa construción.
5. Comunicación da solución e avaliación do resultado
Deso vai a ODE 5, que chamamos Menos é máis. Pero antes de chegar alí, revisa a rúbrica do teu deseño, así aseguraraste de cumplir obxectivos!
Lectura facilitada
Imos traballar coma unha cooperativa
Xa coñeces o método de proxectos que usamos no taller de Tecnoloxía: partimos dun problema real e imos crear un prototipo como solución. Traballaredes por parellas, como se fórades unha cooperativa de arquitectura bioclimática.
Que é unha cooperativa?
Nunha cooperativa, o máis importante non é o beneficio económico, senón o servizo á comunidade. Unha cooperativa de arquitectura bioclimática:
Rehabilita vivendas ou espazos públicos con criterios sostibles.
Colabora con veciños para recuperar lugares abandonados.
Funciona con autoxestión e traballo en grupo.
Ofrece formación sobre vivenda sostible e dereito a un fogar digno.
O voso reto
A vosa cooperativa vai rehabilitar unha vivenda con fins sociais, culturais ou ambientais. Imos seguir o método de proxectos: analizar o problema, deseñar unha solución e crear un prototipo.
---
1. Problema de partida: rehabilitación
Buscade unha casa pequena e escura, da vosa zona. Queredes transformala para un novo uso social ou ambiental.
Observade o que hai arredor:
Ten zonas inaccesibles?
É pouco eficiente (consome moita enerxía)?
Está nunha contorna degradada?
Faremos un prototipo da vosa proposta de rehabilitación.
---
2. Análise do problema
Pensade nas persoas que vivirán alí:
Que necesidades teñen?
Como é o seu estilo de vida?
Un bo deseño debe ser cómodo, eficiente e adaptado ao clima e ao lugar. Pensade en:
Distribución dos espazos
Materiais a empregar
Boa iluminación e ventilación
Presuposto e pegada ecolóxica (aínda que non se vai executar a obra)
Lembrade os contidos traballados nas unidades anteriores: clima, orientación, tipo de terreo, aforro de enerxía, tecnoloxías intelixentes, integración na paisaxe, etc.
A forma da vivenda debe responder á súa función.
Podedes ver como exemplo o programa Futurismos da serie Escala Humana (RTVE).
---
3. Ferramentas para xerar ideas
Queremos solucións creativas, útiles e viables. Unha boa idea pode ser unha casa que:
Aproveite mellor a luz natural
Use materiais sostibles
Estea adaptada a persoas con mobilidade reducida
Usade ferramentas como:
SCAMPER: Substituír, Combinar, Adaptar, Modificar, Poñer outros usos, Eliminar, Reordenar
Mapa de ideas: tema central no centro, ideas principais arredor, e subtemas conectados en forma de árbore
---
4. Do deseño ó prototipo
Seguiremos os pasos do método de proxectos:
Detectar o problema
Ter unha idea
Facer bosquexos a man
Deseñar o prototipo
Construír a maqueta
Podes usar programas de IA para xerar imaxes a partir de textos (prompts). Pensa nas dimensións, materiais e estilo que queres.
---
5. Presentar o resultado e avaliar
A ODE 5, titulada Menos é máis, centrarase na presentación da vosa proposta.
Antes de chegar alí, revisade a rúbrica de avaliación. Axudaravos a comprobar que o deseño cumpre todos os obxectivos marcados.
Cooperativas de arquitectura bioclimática
Podes investigar o tipo de edificacións que crean ou rehabilitan as seguintes cooperativas:
Ergosfera (Galicia): máis centrada en análise urbana e crítica do espazo público.
Sementeira (Ourense): colectivo de rehabilitación sostible ligado á montaña ourensá.
Trátase de iniciativas comunitarias que comparten a idea de que os propios veciños e veciñas se organizan para recortar emisións de CO₂ e facer os seus barrios máis sostibles. En xeral, os puntos en común deste tipo de asociacións son:
Autoorganización veciñal: a idea xorde desde o barrio; a administración local adoita facilitar lugares de reunión, permisos ou microfinanciación.
Propiedade compartida e beneficio mutuo: aforros na factura, redución dun 30-100 % das emisións enerxéticas e fondos para iniciativas sociais.
Educación e participación: organizan obradoiros sobre eficiencia, horta urbana, mobilidade sostible, compostaxe, etc.
Escalabilidade: moitos comezan con 1-2 edificios públicos (colexio, pavillón, centro cívico) e logo expanden a vivendas privadas ou distritos enteiros.
Aquí podes ver algúns exemplos deste tipo de comunidades:
Exemplos de veciñanza que se organiza para baixar as emisións
Nome do modelo
Que fan
Exemplos con ligazón
Transition Towns
Grupos locais que fomentan consumo de proximidade, horta urbana, reparación, enerxías renovables e resiliencia fronte ó cambio climático.
Urbanizacións deseñadas ou rehabilitadas para cero emisións: edificios de baixo consumo, calor distrital renovable, mobilidade a pé/bici, verde urbano.
Lembra: Cando remates, copia as túas respostas e pégas nun documento para entregalo ou gardalo.
Rúbrica bosquexo-plano a man
Rúbrica do bosquexo inicial da rehabilitacións
Excelente
Notable
Ben
Insuficiente
Non presentado
Deseño bioclimático e smart
Tivéronse en conta TODOS os aspectos vistos ó longo do tema: clima, topografía/terreo, forma, función do edificio, distribución de espazos según orientación, fluxo de movemento entre os espazos, luminosidade, aforro pasivo e activo de de enerxía, eliminación de barreiras arquitectónicas, domótica... (4)
Tivéronse en conta A MAIORÍA dos aspectos vistos ó longo do tema: clima, topografía/terreo, forma, función do edificio, distribución de espazos según orientación, fluxo de movemento entre os espazos, luminosidade, aforro pasivo e activo de de enerxía, eliminación de barreiras arquitectónicas, domótica... (3)
Tivéronse en conta só ALGÚNS dos aspectos vistos ó longo do tema: clima, topografía/terreo, forma, función do edificio, distribución de espazos según orientación, fluxo de movemento entre os espazos, luminosidade, aforro pasivo e activo de de enerxía, eliminación de barreiras arquitectónicas, domótica... (2)
Non se tiveron en conta os aspectos vistos no tema ata agora. (1)
Non presentado. (0)
Innovación
A solución cómpre estes 4 aspectos: resolve un problema real, adáptase ó contexto, é orixinal e funcional, ten en conta o medio ambiente. (3)
A solución cómpre 3 destes 4 aspectos: resolve un problema real, adáptase ó contexto, é orixinal e funcional, ten en conta o medio ambiente. (2)
A solución cómpre 2 destes 4 asepctos: resolve un problema real, adáptase ó contexto, é orixinal e funcional, ten en conta o medio ambiente. (1.5)
A solución non compre os aspectos anteriores. (1)
Non presentado. (X)
Dimensións e escala
O bosquexo contén TODAS AS MEDIDAS reais e as escalas; son medidas realistas. (2)
O bosquexo contén CASE TODAS AS MEDIDAS reais e escalas. (1.5)
O bosquexo contén só as medidas reais exteriores. (1)
O bosquexo non contén as medidas reais. (1)
Non presentado. (0)
Presentación
O plano está limpo e ben presentado, con ANOTACIÓNS que facilitan o traballo posterior. (1)
O plano está limpo e ben presentado, e hai ALGUNHAS ANOTACIÓNS que facilitan o traballo posterior. (0.75)
O plano non está moi ben presentado, e hai POUCAS ANOTACIÓNS que facilitan o traballo posterior. (0.5)
O debuxo enténdese mal, non se comprenden as partes de que consta. (1)