Contido transcrito do vídeo No vídeo estamos en Navia de Suarna, na montaña luguesa, na sede da Asociación SER, donde ten vivenda o noso director máis célebre, Oliver Laxe. O que imos coñecer é un complexo que foi restaurado baixo criterios de arquitectura bioclimática, e contamos coa presencia do propio arquitecto, Jorge Duarte. Espazo exterior Por unha parte temos unha edificación que parece que está sen tocar desde fai 50 anos, tal e como se construíu. Renováronselle táboas e pedras, así como o lousado, pero mantén tal cal os seus elementos característicos de patrimonio: patín, balcón, portas e xanelas, etc. Por outra parte, temos un edificio rehabilitado que parte, á súa vez, do cascarón dunha antiga palloza. Nos anos 70 transformouse nunha vivenda de pedra rectangular e déuselle unha planta de ladrillo. A primeira edificación é unha restauración e a segunda unha rehabilitación. Na rehabilitación non temos ningún prexuízo en intervir sobre a edificación e dotala dun novo uso. E para dotala dun novo uso, nas condicións de habitabilidade que se demandan no século XXI, temos que introducir illamento, novas instalacións, novas panos de vidrio, moito máis grandes que os existentes. Na restauración da casa antiga, o chamado "cuarto vello", só reparamos o deteriorado: onde había portas de madeira, mantivamos as portas de madeira. Non se abriu ningún oco novo. Aínda así, remozamos o espazo, mantendo o uso tradicional (cuartos, baño) e engadindo despachos profesionais, unha sala de reunións... Sin embargo, desde o exterior,é o mismo que era. Non hai ningún tipo de ampliación, non hai introducción de novos materiales. É o mismo que era. INTERIOR DA VIVENDA REHABILITADA Neste lugar había unha palloza antiga, de 300 ou 400 anos. Os bisavós de Oliver Laxe refixeron esa estrutura circular e convertírona nunha vivenda rectangular. Conservaron as vigas orixinais que nós, hoxe, mantemos e grazas a esa parede de vidro poden verse (están afuadas e cunha pintura verdosa). cantos e parece unha bonito mantelas, aí fixemos ese vidro para poder destacar precisamente esa vez A vivenda convertiuse nnha planta cuadrada de pedra, na que tiñamos por un lado as cortes e tamén unha cociña que era o centro da casa. Despois engadiuse unha planta arriba toda de ladrillos, moi pouco habitable, onde habían un montón de cuartos, e tamén hai unha palleira que logo veremos. Na casa intentamos recuperar todo aquelo que foi posible, por exemplo, a cociña. A cociña antes estaba ao norte, e nós pasámola ó sur e oeste, convertíndoa no centro da arquitectura climática, no corazón da casa. A nova cociña recibe luz desde a mañá ata a tarde. Mantivemos os mesados de mármore que tiña, conservando a estrutura da cociña de leña, que, nesta zona (Terra Cha e montaña dos Ancares) dispónse en illa. A cociña está aberta ó comedor para poder ampliar a mesa e ter un espazo de comida para toda a xente que asiste a cursos ou congresos aquí, na fundación SER. A parte do edificio que estaba feita en pedra eran muros tradicionais feitos con barro. Restauráronse cun encintado con morteiro mixto de cal, area e un pouco de cemento branco. Este material permite a permeabilidade ó vapor e a un tempo garante estanqueidade, que son dous dos aspectos máis importantes nunha passive house. A estanqueidade ten que impedir perdas de aire, pois con el marcharía o calor. Pero a un tempo, temos que permitir a transpirabilidade do aire, pois en Galicia hai un vapor de agua excesivo que debe eliminarse. Algo moi destacable é a nova galería, un oco grande que abrimos a sur. Se falamos de arquitectura eficiente térmicamente, de arquitectura bioclimática, hai que aproveitar mellor as condicións que nos aporta o clima e a paisaxe. Era importante abrir visión ó bosque, e sobre todo á luz. É esencial buscar o sol, que agora, a través desta galería (na planta baixa e na primeira) permite ter luz toda a tarde. En canto a materiais, intentamos manter todo o que estaba ben (cociña, vigas, muros), pero tamén engadimos solucións modernas como esta gran viga metálica que é o que soporta o voladizo de formigón que soporta a galería. A propia galería tamén é un exemplo de uso de materiais sostibles: empregamos castiñeiro local que, contra a opinión estendida, ten mellores propiedades térmicas que o PVC ou o aluminio e sobre todo é resultado dunha economía circular e con un respeto Aplausos con a sostenibilidade. Esta é unha casa recuperando unha antigua pallaça. Na planta alta podemos ver o oco da antiga porta da palleira, na que se aproveitaba o desnivel para volcar a herba seca desde un camiño superior. Ese oco é hoxe un gran ventanal que dá a norte, onde se creou unha zona de traballo diáfana. Esa zona comunica cun corredor que dá nun ventanal da galería, a sur, permitindo un fluxo de luz transversal. A cada lado dese corredor consérvanse varios cuartos para a xente que asiste ás actividades da fundación SER. A novidade técnica nestes cuartos é que se eliminaron os piares e tabiques de ladrillo, reemprazándoos por muros portantes de madeira. Están elaborados en madeira de contrachapado e a estabilidade ó pandeo consíguese cuns rastreis de 8x4 dispostos cada 60cm. Os tabiques de madeira levan dentro un illamento, proporcionando unha solución esteticamente harmónica e moi eficiente. O exterior da fachada, nesta planta, reforzouse cun illamento de 18cm de XPS e un sistema de illamento térmico exterior (SATE) acabado con a pintura granulada para darle unha maior resistencia. O faiado é un espazo diáfano no que poden durmir ata 20 persoas. A intervención aquí tiña un dobre obxectivo: garantir o illamento e preservar a estética dun faiado tradicional, para o cal se mantiveron as ripias de castiñeiro. Sobre elas, unha barreira de vapor de cor escuro, imitando as lousas. A continuación, 18cm de illamento de lá de roca, e finalmente as tradicionais lousas da serra oriental de Galicia, os Ancares. O corazón da casa en canto a aforro enerxético está na planta baixa, onde se aloxa a maquinaria de intercambio de calor e ventilación forzada. Cando se tomou a decisión de facer Passive House, eliminouse a calefacción que estaba prevista, por chan radiante, para dar paso a un mellor illamento, tanto en cuberta como en paredes como en chan. O esencial pasou a ser garantizar a estanqueidade para evitar as perdas de aire desde o interior á cara exterior, porque non confiar toda a eficiencia energética ao recuperador de calor. O recuperador de calor é unha máquina (silenciosa) que provoca unha renovación automática do aire. O aire entra do exterior, fíltrase, e nunha parte da máquina gana o calor do aire que sae e que vén desde cada habitación por un conduto independente. Ese aire, no interior, quéntase pola propia actividade humana, pola cociña de leña e unha chimenea, e por unha pequena resistencia eléctrica que aporta ata 2º máis. Neste espazo hai, ademais, 2 tanques de auga quente sanitaria, auga que se quenta por aerotermia. Trátase dun sistema oito veces máis eficiente que unha caldeira de gas, baseado nun principio parecido ó da bomba de calor. Na aerotermia refrixérase un espazo para quentar outro, cun funcionamento moi semellante ó da neveira, pero á inversa: refrixeramos o exterior para calefactar o interior. A bomba da aerotermia está no exterior do edificio, nun espazo ventilado.