Saltar navegación

Un pouco de Historia...

Descubrindo América!

Recoñeces algún dos ditados? 

O ditado 3 a dúas voces é o tema principal da obra Romanza da compositora americana Amy Beach.  

Retrato compositoriaAmy Beach naceu en New Hampshire, en 1867, nunha familia humilde pero a súa nai e avoa estaban relacionadas co mundo da música polo que dende moi pequena dispuxo dun piano na casa. Coas ensinanzas da súa nai e despois de profesores particulares chegou a ser un gran concertista.

Pero en 1885 contraeu matrimonio co doutor Henry Harris Aubrey Beach, un cirurxián de Boston que era viúvo, 24 anos maior que ela e cantante afeccionado, e non lle entusiasmaba a idea de que Amy dese concertos públicos e restrinxiunos unicamente a cando fosen necesarios. A pesar diso, animouna a compoñer a súa propia música, e así compuxo música de cámara, música coral, cantatas e música de igrexa durante este tempo. 

Así compuxo obras como a Misa en Mi b Maior ou a Sinfonía Gaélica, obra que estaba influída pola tradición irlandesa e composta na cidade de Boston, lugar onde había unha comunidade irlandesa e onde se conserva a casa onde habitaron os Beach. Foi a primeira sinfonía composta e interpretada por unha muller americana e volveuse moi popular.

Despois da morte do seu marido retomou a súa vida como concertista, facendo incluso unha xira por Europa.  

Compuxo esta Romanza op. 23 para violín e piano en 1893 cando tiña 26 anos.

A peza está estruturada seguindo un dos esquemas máis utilizados na Historia da Música: lied ternario.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)