A escritura musical
Para escribir música hai algunhas normas referidas, sobre todo, a colocación ou dirección das notas ou elementos que as acompañan.
Plicas
Unha voz
As plicas teñen que estar dentro do pentagrama, é dicir, ata o DO (na clave de sol) ou MI (na clave de fa) a plica é cara arriba e a partir de aí cara abaixo.

Dúas voces
Se hai dúas voces no mesmo pentagrama, a voz superior leva as plicas cara arriba mentres que a inferior cara abaixo.
Se as voces están en distintos pentagramas aplícase a mesma norma que se fose a unha voz.
Barrado
O máis habitual é que a agrupación de figuras no compás atenda aos pulsos para facilitar a comprensión da partitura. Pero non sempre se respecta, sobre todo, a partir do s. XX.

Na música vocal por cada sílaba escríbese unha figura independiente. Se hai unha sílaba para varias notas, escríbense xuntas e ligadas.
Acordes
Os acordes de 2 ou máis notas respectan a norma das plicas a unha voz (se as notas que conforman o acorde non superan a nota la, cara arriba). Todas as notas do acorde colócanse ao mesmo lado.

No caso de que o acorde teña un intervalo de 2ª, a plica colócase entre as dúas notas, e o resto das notas no mesmo lugar que a primeira do intervalo.
Alteracións
Colócanse na mesma liña ou espazo que a nota á que acompañan.

Se un acorde ten varias alteracións, colócanse na mesma orde que as notas
Silencios
Cando casi todo o compás está en silencio:
-Se comeza pola nota, os silencios van de menor a maior. 
-Se comeza en silencio, van de maior a menor ata chegar a nota. 
Cando o comezo é acéfalo, hai que escribir os silencios se o número de notas é superior ao número de silencios.

Cando o comezo é anacrúsico, e hai repetición, o último compás ten que estar incompleto para facer un entre os dous.

Puntiños
Sempre se escriben nos espazos, nunca nas liñas.

Se vos fixades, se a nota está fora do pentagrama, o puntiño tamén vai no espazo superior, nunca ao lado da nota.