Cantando con expresión!
Imos coñecer algún dos signos de articulación que menos se empregan pero que poden aparecer, tanto nas melodías entoadas como nas obras para os vosos instrumentos:
Portato
É a combinación dos signos de articulación de stacatto combinado con ligaduras de expresión.

Para interpretalo hai que separar as notas e acentualas, sempre coa sensación de que están separadas pero sen silencios.
Detaché
Orixinariamente este signo estaba relacionado cos instrumentos con arco, pero pouco a pouco foi pasando a todos.
A súa interpretación é notas separadas pero sen ningún tipo de acento, un son lixeiro. Non ten ningún signo, indícase coa propia palabra.

Cantamos
Imos agora a practicar os seguintes fragmentos con todos os signos de articulación que traballamos. Empregade os audios para apoiaros no estudo.

