As equivalencias
Nalgún momento da vosa traxectoria como músicos, atoparédesvos con pezas onde se producen cambios de compás, non entre os movementos, senón dentro da propia peza. Imos repasar como se executan estes cambios de compás e a seguir practicándoos.
A equivalencia é a relación entre pulsos ou figuras nos cambios de compás. Hai dous tipos:
Pulso=pulso
Cando aparece esta equivalencia, o pulso sempre é o mesmo. Para que o entendades mellor, podemos deixar o metrónomo soar desde o comezo da obra e nunca cambiaría.

No caso de que a equivalencia sexa entre un compás de subdivisión ternaria e outro binaria, ao executalo pareceravos que hai un cambio de tempo ou velocidade, pero non é así.

Esa sensación débese a que no compás de 2/4 nun pulso entran 2 corcheas, mentres que no 6/8 entran 3, así que pareceravos que ides moito máis rápido, pero mirade o metrónomo e veredes que segue igual. Escoitade o audio para practicalo.
Figura=figura
Neste caso, a velocidade ou pulso varía pero as figuras teñen a mesma duración.

O compás de 6/8 irá máis lento de pulso porque ten máis corcheas.