Aventurándonos por terras vascas!
Recoñeces algunha das melodías que entoamos con acompañamento?
O melodía 1 é o tema principal da peza Sous le vieux roble que forma parte da obra Esquisses da compositora e pianista vasca Emiliana de Zubeldia.
Emiliana de Zubeldia naceu nun pobo de Navarra a finais do século XIX (1888), pero a súa familia, numerosa e con grandes inquietudes culturais, enseguida trasladouse a Pamplona, onde con só 5 anos comezou os seus estudios musicais, que a levarían ao Conservatorio Superior de Música de Madrid e de ahí a París, na Schola Cantorum, coa cátedra de composición e Piano.
Regresou a Pamplona durante uns anos onde fundou unha academia e conseguiu unha praza no Conservatorio de Pamplona, pero enseguida comezou a súa viaxe por terras americanas onde foi aclamada en escenarios de Brasil, Chile ou Nova Iork; nesta cidade coñecería a Augusto Novaro, investigador mexicano dos principios acústicos da música, que supuxo un gran impacto na súa vida: seguiuno ata México, onde chegou a pedir a cidadanía, e onde pasou o resto da súa vida como mestra e concertista de gran prestixio e recoñecemento.
A obra Esquisses d´une aprés midi Basque é unha colección de seis pezas cortas para piano, máis coñecida como Preludios vascos; son pezas de música descriptiva que pintan cadros da súa terra.
Todos os títulos das pezas están en francés, porque as compuxo nunha das súas estancias en París: Vers le Bois, L´écho dans la montagne, Sous le vieux roble, La petite fleur solitaire, Un souvenir d´Usandizaga-Au bord du ruisseau, Retour á la maison.