Cales son os tipos de notas de adorno?
Trinos
É a repetición rápida e alternada dunha nota coa superior ou inferior, segundo a época, finalizando sempre na nota seguinte.
Barroco: a nota pola que comezaba era a superior. Tamén recibe o nome de batimento.
Romanticismo: comezaba pola nota real.

No Romanticismo, se se quería empezar pola superior indicábano cunha apoiatura. 
Podemos distinguir os seguintes trinos:
Mordentes
Son unha ou varias notas, normalmente por graos conxuntos coa principal, que se executan de forma rápida.
Mordente dunha nota
Represéntase cunha corchea atravesada por unha liña de menor tamaño, ligada á nota real. Poden ser superiores ou inferiores.

Mordente de dúas notas
Represéntanse con dúas pequenas semicorcheas antes da nota principal ou con símbolos, dependendo das notas que o conformen.
Se as notas son correlativas, ascendentes ou descendentes, empréganse as notas:

Se as notas rodean a principal, recibe o nome de semitrino e indícase con símbolos:
- Ascendente:

- Descendente:

No caso de que a nota de adorno esté alterada, colócase encima ou debaixo do símbolo segundo se queira alterar a nota superior ou a inferior:

Grupetos
Nota de adorno que se forma coa nota principal e as notas que a rodean por graos conxuntos. Emprégase un signo que asemella unha S, en vertical ou en horizontal segundo sexa superior ou inferior. Como imos ver, un grupeto ven sendo un mordente de 3 ou 4 notas pero circular.
Grupeto de 3 notas
Un grupeto é de 3 notas cando o símbolo vai encima da nota ou vai entre dúas notas iguais.


No caso de que as notas de adorno leven alteracións, colocaranse encima ou debaixo do signo segundo se queira alterar a nota superior ou a inferior.

Grupeto de 4 notas
O grupeto será de catro notas cando o signo vaia entre dúas notas diferentes ou cando vai precedido por un mordente.


Apoiaturas
Nota de adorno que toma o valor da nota á que acompaña e represéntase cunha nota de menor tamaño ligada a nota principal.
Se a figura á que acompaña é divisible en metades, será do mesmo valor:

Se a figura á que acompaña non é divisible en metades, tomará dous tercios do seu valor:

Pode ser ascendente, descendente ou por saltos: