Saltar navegación

Deseños vocais

Adornamos melodías!

Imos seguir coa improvisación pero con melodías e notas de adorno.

Empregando a seguinte base harmónica, temos que inventar melodías nas que introduciremos as notas de adorno traballadas. 



Os pasos que seguiremos serán:

- Ter clara a tonalidade e escoitar un par de veces a base harmónica.

- Podemos empregar a partitura para escribir unha posible melodía.

- Entoar a melodía escrita incluíndo as notas de adorno.

- Xuntar a melodía co acompañamento.

- Por último, podemos volver a intentalo pero sen escribir e cunha melodía improvisada diferente, para ir mellorando neste aspecto.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)