Improvisando co corpo!
Toca traballar a percusión corporal. Pero nesta ocasión imos xogar a improvisar.
Tendo como base as seguintes secuencias rítmicas, teredes que improvisar. Para facelo empregade sempre a base e para comezar podedes probar só coas mans.
2/4
Base rítmica

Exemplo

6/8
Base rítmica

Exemplo

Unha vez que xa está asimilado, podemos probar a mesturar diferentes partes do corpo, como palmas, pitos ou patadas.
Tamén podemos traballar en grupos. Dividimos a clase en dous, e un grupo pode facer a improvisación e o outro a base.