Saltar navegación

As notas de adorno

Que son?

As notas de adorno son notas ou grupo de notas que se incorporan á melodía co fin de adornala. Indícanse mediante notas en tamaño máis pequeno ou con signos. 

Soen empregarse nas obras compostas no Barroco*, aínda que poden aparecer en obras doutras épocas. 

Partitura para piano dunha Fuga de Bach



CAL É A SÚA ORIXE?

A comezos do Barroco, os intérpretes improvisaban adornos nas obras, ao seu gusto e sen pautas establecidas, obtendo un resultado moi diferente do orixinal.

Comezaron a ser tan habituais, que os propios compositores empezáronas a incluír nas súas obras, mesmo con táboas explicativas para marcar a súa execución, para que os intérpretes non improvisasen e axustásense ao que viña escrito.

Mesmo escribíronse tratados cos signos e as explicacións sobre as súas interpretacións.

Xa no Romanticismo este tipo de adornos deixaron de ser tan habituais, e no século XX desapareceron da escritura musical.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)