O teu Diario de aprendizaxe

Un diario de aprendizaxe é un documento no que escribirás sobre como vai o traballo que estás a facer.
Lembra que, aínda que pode ser revisado polo profesorado, non é para avaliar. Escribe con sinceridade e analiza con franqueza a maneira na que aprendes xa que te axudará a coñecerte mellor para futuras aprendizaxes.
Cando usas o diario estás a desenvolver a túa autonomía ao tempo que reflexionas sobre a forma de aprender.
Lectura facilitada
Un diario de aprendizaxe é documento para escribir sobre o que aprendes,
tamén podes anotar reflexións e opinións.
No diario de aprendizaxe hai preguntas para contestar
sobre o que aprendes e sobre o traballo que fas.
Non é para poñer nota.
Co diario aprendes a reflexionar sobre o teu traballo.
Acceso ao documento Diario de aprendizaxe en formato PDF (ábrese en nova xanela)
Acceso ao documento Diario de aprendizaxe dixital
Acceso ao documento Diario de aprendizaxe en formato de edición