Diario de aprendizaxe

Xa levamos a cabo as exposicións e a difusión da nosa campaña e chega o momento de cubrir a fase 4 do diario de aprendizaxe.
Nesta fase puxeches en práctica todo o que aprendiches durante a situación de aprendizaxe. Explicaches os carteis aos teus compañeiros e ás túas compañeiras. Entre todos e todas organizastes unha campaña de promoción da saúde e difundístela por todo o cole.
Agora podes escribir no diario sobre como foi todo ese proceso, que desafíos atopaches e como os superaches. Anotar e compartir deste xeito os teus logros, inquedanzas e avances servirache moito na túa aprendizaxe futura.
Lectura facilitada
Debes escribir no Diario de aprendizaxe os apartados da fase 4.
O que fixeches nesta fase:
- Explicaches diante dos teus compañeiros e compañeiras o cartel.
- Entre todos e todas organizastes unha campaña de promoción da saúde e difundistes a campaña por todo o cole.