O que aprenderás
- Que é o respecto?
- Que é a igualdade?
- Actividades para afianzar estes coñecementos

O respecto significa tratar á contorna e aos seres vivos que nela conviven dunha maneira amable e considerada, valorando os seus sentimentos e dereitos. Respecta aos demais e trátaos de forma empática, como che gustaría que te tratasen a ti. Mostra tamén respecto coidando o mundo no que vivimos.
Todas as persoas merecemos respecto, sen importar como sexamos, que pensamos ou de onde vimos. Practicar o respecto fará que vivamos nun mundo mellor e máis feliz.
Algúns exemplos nos que se mostra como podemos ser respectuosos son:
O respecto significa tratar á contorna e aos seres vivos dunha maneira amable, valorando os seus sentimentos e os seus dereitos.
Algúns exemplos de situacións nas que se mostra como podemos ser respectuosos son:
En resumo, todas as persoas merecemos respecto, sen importar como sexamos. Practicar o respecto fará que vivamos nun mundo mellor e máis feliz.
Moitas veces, ao noso ao redor, vemos condutas contrarias ao respecto e debemos saber identificalas. Atopa as 8 palabras prohibidas, cando falamos de respecto, que están ocultas na sopa de letras. Serás quen de encontralas todas?
"Verdadeiro ou falso" é un tipo de exercicio onde che dan unha serie de afirmacións e tes que dicir se son verdadeiras ou falsas. Pode ser unha maneira divertida de probar o que sabes sobre o respecto e a igualdade.
Falso
O respecto significa tratar aos demais de maneira amable e considerada, non só aos nosos amigos e amigas.
Verdadeiro
Verdadeiro
Verdadeiro
Falso
O respecto tamén se mostra ao coidar o medio ambiente e ao manter limpos os lugares públicos.
Falso
A igualdade dinos que todos temos o mesmo dereito a perseguir os nosos soños e metas. Todos temos características diferentes pero debemos de ter un trato igualitario para poder conseguir os nosos obxectivos.
Falso
Verdadeiro
Verdadeiro

A igualdade significa que todas as persoas merecen ter as mesmas oportunidades e dereitos e ser tratadas de maneira xusta, sen importar o seu sexo, a súa aparencia, de onde veñan ou as habilidades poidan ter.
Algúns exemplos:
Que todas as persoas teñan dereito a xogar, sen importar se son nenos ou nenas, se son altas ou baixas, rápidas ou lenas, pequenas ou grandes.
Ter obxectivos e metas propios na vida, e ter oportunidades de traballar duro para logralos, sen importar quen sexamos. Pode ser que queiras ser médico, bombeira, mestre, arquitecta ou calquera outra cousa que te faga feliz. Temos que ter o dereito de perseguir os nosos soños.
Cando practicamos a igualdade, facemos do mundo un lugar máis xusto e feliz para todos.

A igualdade significa que todas as persoas merecen ter as mesmas oportunidades e dereitos,
sen importar o seu sexo, a súa aparencia ou as habilidades poidan ter.
Algúns exemplos:
Cando practicamos a igualdade, facemos do mundo un lugar máis xusto e feliz.

Imos realizar un desafío de velocidade. Colle unha folla de papel e un bolígrafo. Durante un minuto tes que escribir o maior número de deportistas que coñeces na folla. Ao rematar, preme no botón para ver como continúa a actividade.
Agora, sobre o que escribiches, reflexiona sobre as seguintes preguntas:
Na sesión de Educación Física realizarás algúns xogos nos que se verá a importancia do respecto e a igualdade para acadar un fin en común.
Mediante estes xogos, aprenderás conceptos relacionados con estas dúas temáticas e realizarás actividades cooperativas en grupo que che axudarán a interaccionar cos compañeiros e compañeiras, e así ver o importante que somos individualmente dentro dun grupo a pesar de ter todos e todas características diferentes.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0