O que aprenderás
- Que é a prevención de accidentes?
- Como evitar accidentes na casa?
- A que debemos prestar atención nas actividades físicas?
- Pequenas cousas para evitar grandes accidentes
Previr accidentes é coñecer os posibles riscos dunha acción ou situación e tomar medidas para evitar ese perigo.
É importante que saibas identificar as causas do risco para tomar decisións e evitar accidentes que nalgúns casos poderían chegar a ser graves.
Necesitas un lema para o cartel sobre seguridade? Lembra ese refrán que di "Máis vale previr que curar". Podedes reflexionar no teu grupo o significado dese refrán.
Situacións nas que temos que actuar con precaución:

Os parques e espazos de xogo preparados para os nenos e as nenas deben contar con medidas de seguranza. Se detectas algún elemento en mal estado ou que poida causar danos comunícao á túa familia ou no colexio para que avisen ás persoas responsables.
As beirarrúas e calzadas non son lugares para xogar.

O equipamento son as zapatillas, a roupa e os complementos, que varían segundo o tipo de actividade. Nalgúns casos como, por exemplo a patinaxe, faise necesario utilizar proteccións para a cabeza, os cóbados e os xeonllos.
As zapatillas deportivas son un elemento esencial para a prevención de lesións e deben reunir unas características básicas:

Existen unhas recomendacións básicas para previr accidentes e enfermidades cando practicamos actividades físicas ao aire libre en épocas de calor:


Recomendacións para previr accidentes en diferentes sitios:

Pequenas cousas que evitan grandes accidentes.
Goza da auga e evita os riscos (accede ao documento PDF, ábrese en nova xanela)
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0