Saltar navegación

2.1. Un mundo de anuncios

 

Glosario

Anuncio

Cartel sobre a saúde

Definición:

Un texto, debuxo, foto, imaxe ou outro formato que se emprega para anunciar algo ou alguén, principalmente con fins publicitarios.

Exemplo:

O cartel que puxeron na porta do cole anuncia 5 consellos para mellorar a saúde.

Concienciar

nena que explica a importancia de ter boa saúde

Definición:

Facer que as persoas reflexionen sobre algo, xeralmente social e de gran relevancia.

Exemplo:

A mestra trata de concienciar ao alumnado do importante que é para a saúde facer exercicio.

Creatividade

A imaxe representa unha nena que ten unha boa idea

Definición:

Capacidade que posúen as persoas que teñen facilidade para inventar e para crear ideas e obxectos.

Exemplo:

Sabela é a rapaza que máis creatividade ten. É quen de inventar unha historia con catro palabras.

Emoción

Nena que expresa medo

Definición:

Reacción pasaxeira ao que acontece ao redor dunha persoa. Sentimento forte.

Exemplo:

Paula non puido conter a súa emoción de alegría cando a súa irmá entrou pola porta da casa despois dun mes en Londres.

Exercicio físico

Nena practicando exercicio físico

Definición:

Conxunto de movementos, variados ou repetidos, que se realizan co corpo para fortalecelo ou estar en forma.

Exemplo:

Luísa fai moito exercicio físico.

Inspirar

imaxe dunha campiona

Definición:

Suxerir ideas ou sentimentos.

Exemplo:

A campioa de tenis inspira ás rapazas a practicar deportes.

Anuncios

Fotografía dunha camiseta toda chea de letras

Vivimos nun mundo no que vemos anuncios por todas partes: na tele, en Internet, nos xornais, na rúa, ata na roupa!!! 

Xa verás! Proba a pechar os ollos e intenta lembrar algún anuncio, cal é? Por que motivo aínda o tes na cabeza? Pola música quizais? Polas súas cores? Pola mensaxe que transmite?

Presta atención a este anuncio e despois preme o botón para saber máis sobre o vídeo.



Preme para seguir

Que pasou? Pensaches que o vídeo non cargaba ben? Que Internet fallaba?

Os anuncios intentan provocar emocións nas persoas que reciben a mensaxe, unhas veces para que compres o artigo, outras para que amoses interese nun produto, outras para que cambies de opinión, outras veces para convencerte de algo e máis cousas.

No caso do anuncio de arriba, o que se trata é de concienciar á xente da importancia da auga na nosa vida.

Este anuncio forma parte dunha campaña de concienciación co lema "Cada Gota Suma".

Nesta fase do proxecto crearemos un lema para a nosa campaña.

Lectura facilitada

Que pasou?,

pensaches que o vídeo non cargaba ben?

Os anuncios intentan provocar unha emoción nas persoas.

Os anuncios intentan que compres cousas.

Os anuncios intentan convencerte de que fagas ou penses algo.

O anuncio de arriba quere concienciar á xente da importancia de aforrar auga.

Este anuncio forma parte dunha campaña de concienciación co lema "Cada Gota Suma".

Nesta fase do proxecto crearemos un lema para a nosa campaña.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)