User's guide
Click on the arrows to know how this project works.

Esta sección está pensada para o profesorado. Contén unha rúbrica de avaliación da proposta educativa, a guía de usuario e a referencia ao material e información usados.
Índice dos contidos de todas as unidades do proxecto. A unidade na que esteas será a primeira, logo atoparás o índice do resto das unidades.
É esta mesma guía que estás a ler.
Explicación teórica dos contidos empregando diversos soportes: vídeo, vídeo interactivo explicativo, sons ou presentación escrita.
Atoparás exercicios nos que terás que entoar melodías ou pezas musicais para producir os sons axeitados e por en práctica os contidos teóricos vistos previamente, con e sen acompañamento instrumental.
Exercicios para desenvolver o oído musical, a escoita consciente e a análise auditiva relacionando a teoría coa sonoridade musical a través do recoñecemento e transcrición de aspectos como a forma, a melodía, a harmonía, o timbre e a textura.
Xa sabes o que toca agora. Aquí atoparás unha rúbrica, un cuestionario para comprobar o teu progreso e unhas preguntas para reflexionar sobre o teu proceso de aprendizaxe.
Exercicios de pronuncia e escritura e, ao mesmo tempo, repasas a teoría.
Cancións de calquera parte do mundo presentadas mediante o vídeo da partitura, o son e unha breve historia da canción.
Xa controlas as ferramentas da Linguaxe Musical? Logo vamos con estas actividades rítmicas e melódicas de creación guiada e libre.
Terás que organizar as notas, silencios, pulsos e compás e dar forma e sentido ás pezas musicais con percusión corporal, instrumentos escolares, canto rítmico (con sílabas ou sons indeterminados, etc), con e sen acompañamento instrumental.
Á seguinte páxina vas dende este botón.
Tamén podes ir á seguinte páxina se premes na imaxe. Cada unidade terá a imaxe dunha persoa diferente.
Este é o menú principal. Podes acceder a calquera páxina dende estas lapelas. É un menú despregable que permite o acceso ao contido das diferentes seccións.
Velaí tes! Non te perdas. Estamos no Primero Curso de Grado Elemental de Linguaxe Musical.
Se necesitas cambiar o tamaño de letra, a fonte ou ben escoitar o contido, usa esta barra.