Compoñemos!
- Duración:
- 50 minutos
- Agrupamento:
- Ilimitado
Chega o momento que estabades agardando... tempo de poñernos mans á obra e comezar a elaborar a nosa partitura. Farémolo a modiño, instrumento por instrumento para non perdernos. Aínda que nos seguintes titoriais aparecen escollidos os cinco intrumentos do apartado anterior na súa formación habitual de rock and roll (guitarra eléctrica, baixo eléctrico, teclado, batería e voz) como sabedes podedes escoller os que máis vos gusten sempre que cumplan as premisas establecidas. Lembramos cales eran:
- A dotación instrumental estará composta por un número máximo de cinco instrumentos, que seguirán unha textura de melodía acompañada. O tipo de instrumentos que integren a formación podédelo escoller vós, de entre os que se amosan no programa agrupados por familias.
- A voz será a liña melódica principal, xa que trátase dunha composición vocal na que creamos unha letra que finalmente interpretaremos.
- O grupo deberá contar como mínimo cun instrumento polifónico (capaz de facer varios sons ao mesmo tempo para o acompañamento) e un instrumento de percusión.
De xeito orientativo a continuación amósanse varias táboas coas figuras e as notas que poderemos empregar para elaborar a melodía.
Aclarado este primeiro paso, deseguido poderedes atopar os diferentes titoriais que nos indican como elaborar a partitura. Iremos sumando os instrumentos, un a un, ata completar o arranxo musical do conxunto. Non perdades ollo!
A voz
Daremos comezo a nosa partitura plasmando a liña melódica principal, que xa temos composta da unidade anterior. Non a esqueceríades, verdade? Se é o caso non pasa nada, lembramos cales eran as regras a seguir na súa elaboración.
- A melodía deberá ter unha duración total de oito compases, empregando as figuras da linguaxe musical que coñecemos e as notas da escala.
- O seu compás será de catro tempos (4/4).
- Como é unha melodía con letra, procurade que resulte sinxela de cantar sen recurrir a saltos ou intervalos moi grandes entre as notas.
E agora si, botádelle un ollo ao seguinte titorial onde se explica en detalle como elaborar a melodía. Ánimo!
Se precisades escoitar soamente a liña vocal, podédelo facer reproducindo o arquivo de audio que se amosa a continuación, xunto coa partitura individual da voz.
O piano
Neste caso o piano vai a ser o intrumento polifónico da nosa partitura de exemplo, o que significa que vai a ser o encargado de realizar os diferentes acordes que se empregan para o soporte armónico da peza. Semella complicado, pero creédeme, podémolo facer de xeito sinxelo... soamente debemos ter claras unha serie de cuestións para logralo. Sos as seguintes:
- Realizaremos un máximo de dous acordes por compás, sendo recomendábel situalos nos pulsos fortes do compás de catro tempos (primeiro e tercer pulso).
- Os acordes terán un máximo de tres notas ao mesmo tempo, e no video-titorial aprenderedes como elaboralos.
- Para escribir un ou dous acordes por compás precisamos escoller unha figura musical que teña estes valores de duración, polo tanto soamente empregaremos a blanca (dous pulsos) ou a redonda (catro pulsos).
Velaí vai o segundo titorial:
Se precisades escoitar soamente a parte do teclado, podédelo facer reproducindo o arquivo de audio que se amosa a continuación, xunto coa súa partitura individual.
A guitarra eléctrica
Un instrumento que seguramente todos/as desexariamos tocar algún día, verdade? Pois agora temos a posibilidade de facelo aínda que sexa de maneira virtual... non é o mesmo pero aforraremos anos de práctica e estudo! Como sabedes é un instrumento electrófono de corda, que ofrece a posibilidade de realizar melodías ou acordes (polifónico), dependendo das nosas necesidades. Para esta partitura, empregaremos a guitarra para complementar os mesmos acordes que realiza o teclado, pero desta volta nos pulsos débiles do compás (segundo e cuarto pulso). Xa veredes que ben queda!
Se precisades escoitar soamente a parte da guitarra eléctrica, podédelo facer reproducindo o arquivo de audio que se amosa a continuación, xunto coa súa partitura individual.
O baixo eléctrico
O seu son e potente e inconfundíbel. Como a guitarra, ofrece a posibilidade de realizar acordes (polifónico), se ben esta técnica non é un recurso moi empregado xa que custa distinguilos nun rexistro musical tan grave. Emprégase normalmente para establecer liñas melódicas claras, dada a súa pegada, que serven de soporte armónico para o conxunto. Aquí o tedes!
Se precisades escoitar soamente a parte do baixo, podédelo facer reproducindo o arquivo de audio que se amosa a continuación, xunto coa súa partitura individual.
A batería
Non podía faltar, leva o peso do ritmo... que non é pouca cousa. A pesar de ser un instrumento de altura indeterminada (non pode interpretar notas), as súas posibilidades de creación son infinitas debido as múltiples combinacións dos instrumentos que a forman. Bombo, platos, charles, caixa e toms compoñen en conxunto este instrumento. Como dato curioso, recentemente comezaron a empregarse baterías electrónicas coñecidas como drumkits, capaces de reproducir calquera son empregando as novas tecnoloxías. Podedes atopala na seguinte imaxe:
A continuación atoparedes un titorial con todas as indicacións para elaborar a pista da batería na vosa partitura.
Se precisades escoitar soamente a parte da batería, podédelo facer reproducindo o arquivo de audio que se amosa a continuación, xunto coa súa partitura individual.