Saltar navegación

MANS Á OBRA!

Unha dose de historia

Vintage libros con pluma de desplazamiento de papel y tetera de tinta de color esbozo decorativo concepto ilustración vectorial
Macrovector (Freepik). Vintage libros con pluma y tetera de tinta de color (CC BY)
Justin Allan Arnold. The Longbeards Beneath The Mountains (CC BY)

O oficio do arranxista musical está presente dende que comezaron a elaborarse as primeiras partituras. Como podedes imaxinar, na antigüedade non existían aparellos nin máquinas modernas que facilitaran o proceso, e todo tiña que realizarse a man empregando pluma e papel... polo que completar a transcrición dunha simple peza musical podía levar días. O certo é que algúns dos máis afamados compositores de música clásica da historia como poden ser W.A.Mozart ou L.V.Beethoven contaban cos seus propios arranxistas musicais para plasmar as súas brillantes ideas nun papel sen tempo que perder! 

A evolución tecnolóxica permitiu automatizar este proceso, e coa aparición dos novos ordenadores no século XX, xurdiron os primeiros programas de edición de partituras cos que os arranxistas musicais puideron aforrar moitísimo tempo e esforzo para elaborar as súas creacións. De feito, para realizar a nosa propia partitura empregaremos un destes programas coñecido co nome de Musescore, e que nos permitirá de maneira sinxela convertirnos en todos/as un/unhas profesionais do sector. O programa ven cargado por defecto nos equipos do alumnado que dispoñen de maqueta ABALAR, pero pódese obter de xeito gratuíto e seguro no seguinte enderezo a súa páxina oficial. 

Picade na seguinte imaxe para descargalo se todavía non o tedes... xa que a partir de agora vai a facernos moita falta!

Enderezo de descarga:

Enderezo de descarga

Feito con eXeLearning (Nova ventá)