Preparamos a partitura
Chegados/as a este punto, imos a dar comezo a elaboración da nosa partitura. É moi importante ter en conta primeiro algunhas cuestións básicas sobre as pautas que imos a seguir para logralo, e así establecer unhas regras de xogo que deberemos respetar para que todo o traballo que temos adiantado xa na nosa composición o poidamos integrar na partitura.
As consideracións que deberemos lembrar en todo momento son as seguintes:
Tamaño da partitura
A partitura que imos a elaborar terá unha extensión total de oito compases, e o compás escollido será de catro tempos (4/4) como xa estableceramos con anterioridade.
Número de instrumentos
A dotación instrumental estará composta por un número máximo de cinco instrumentos, que seguirán unha textura de melodía acompañada. O tipo de instrumentos que integren a formación podédelo escoller vós, de entre os que se amosan no programa agrupados por familias.
- A voz será a liña melódica principal, xa que trátase dunha composición vocal na que creamos unha letra que finalmente interpretaremos.
- O grupo deberá contar como mínimo cun instrumento polifónico (capaz de facer varios sons ao mesmo tempo para o acompañamento) e un instrumento de percusión.
- Lembrade escoller unha agrupación instrumental que encaixe co estilo da peza, tomando como referencia as formacións máis habituais do panorama musical.
AUTORÍA
Como non podía ser doutra maneira, pensaredes un título para a vosa obra mestra e identificarédesvos como os/as compositores/as da mesma.
E agora por fin, botádelle un ollo ao seguinte video-titorial para coñecer como é a posta en marcha da partitura empregando o Musescore. Picade na icona de INICIO para comezar. Imos aló!
Deseguido, atoparedes información máis detallada de como elaborar a parte de cada instrumento, tendo en conta o papel que xoga dentro da formación e as súas características. Aprenderemos tamén a manexar as funcións básicas de escritura musical do programa, ademáis de salvar a nosa composición para non perdela e poder realizar modificacións nun futuro. O último chanzo será exportar a partitura nun formato de audio que nos permita empregala como base instrumental no proceso de gravación da letra.
Como vedes... aínda queda moito por facer!