Espallando tinta

Cada quen co seu papel

Formando ilustración del concepto de liderazgo de equipo
storyset (Freepik). Formando ilustración del concepto de liderazgo de equipo (CC BY)
Sound Effects Library. Applauding (CC BY)

Como sabedes, cada instrumento musical presenta determinadas características propias que o fan único, e isto condiciona directamente o xeito de compoñer. En realidade cando creamos unha canción, ou ben adaptamos unha obra xa existente temos que facelo pensando nas posibilidades do grupo que a vai a interpretar, de maneira que sexa doado facelo. Por iso, resulta moi importante coñecer de antemán o papel que desempeña cada intérprete dentro do conxunto e deseñar a partitura en consecuencia.

Existen certas consideracións que debemos ter en conta á hora de compoñer a parte musical de cada instrumento:

ALTURA

A primeira cuestión non ten que ver co tamaño... aínda que da lugar á confusión. Como xa traballamos con anterioridade, a altura é unha calidade do son que nos permite diferenciar entre agudo e grave. Se o instrumento que escollemos é de altura determinada poderá interpretar as diferentes notas da escala musical, mentres que se optamos por un instrumento de altura indeterminada soamente poderá executar ritmos ou sons que non se relacionan con notas concretas da escala. 

Resulta algo obvio, pero non podemos exixirlle a un pandeiro (altura indeterminada) que toque a nota "mi", nin tampouco a unha gaita (altura determinada) que interprete un ritmo de batería... por moitas ganas que teñan de facelo!

TEXTURA

O seguinte punto ten que ver coa capacidade dese instrumento de interpretar un ou varios sons ao mesmo tempo. Pois ben, se o instrumento en cuestión permite realizar varias notas simultáneas denomínase polifónico, mentres que se soamente podemos interpretar un son trátase dun instrumento monofónico. Se queredes unha regra mnemotécnica para lembrar estes nomes tan rebuscados, lembrade que o prefixo poli- significa "varios", mentres que mono- significa "un".

No caso dos instrumentos polifónicos son moi empregados para realizar o acompañamento da melodía, xa que debido a súa capacidade de realizar varios sons ao mesmo tempo permiten a formación de acordes.

ROL

O rol ten que ver co papel que ten asignado ese instrumento dentro do grupo. Se ben é certo que dentro da formación non hai ningún máis importante que outro e todos forman parte do mesmo conxunto, existen roles principais que levan o peso da melodía mentres outros cumpren a función do acompañamento. Polo xeral é o que se coñece como unha melodía acompañada, moi habitual nos grupos musicais que empregan a voz como papel principal. Será o caso da nosa composición. Iso non quita que puntualmente calquera outro instrumento teña a posibilidade de lucirse cun solo virtuoso... tampouco é cuestión de acaparar, non?

Unha vez solucionadas estas cuestións imos a realizar unha pequena proba de nivel, para asegurarnos de que dominamos á perfección estes conceptos antes de comezar ca composición da partitura. Para facelo, simplemente deberedes adiviñar o nome dos cinco instrumentos que neste caso formarán o grupo musical que se vai a empregar como exemplo na elaboración da partitura, prestando especial atención sobre as pistas que se van sucedendo. Non hai límite de tempo, pero sí un máximo de cinco intentos en total, logo pensade ben as respostas!

Por certo e antes de que me esqueza, o primeiro de todo é resolver a adiviñanza que aparece na parte superior para poder iniciar o xogo. Se tedes dúbidas podedes consultar a sección inicial da unidade. Moita sorte!

1

Número de preguntas: 5

Acertos: 0

Erros: 0

Puntuación: 0.00

Tentativas: 5

Puntos no xogo: 2.00

Minimizar:
Pantalla Completa:
O primeiro integrante do grupo é...
Cursor Audio
Autoría:

O xogo xa comezou.

Persoa que elabora as partituras das obras musicais de xeito profesional, adaptándoas ás características da formación instrumental que as interpreta. Unha pista no apartado "ARRANXAMOS MÚSICA"

Enviar
01234
O seu navegador non é compatible con esta ferramenta.