Saltar navegación

ARRANXAMOS A MÚSICA

Se pode arranxar a música?

Ilustración de eventos musicales cancelados
Freepik (Freepik). Ilustración de eventos musicales cancelados (CC BY)
Hayden Folker. The Way Out (Longing) (CC BY)

Cando pensamos en arranxar algo, de seguro que a idea que ronda as nosas cabeciñas é que precisamos amañar algunha cousa porque se rompeu ou ben deixou de funcionar, non si? Pero claro, cando falamos de facer un "arranxo musical" a cousa cambia... e moito! 

Desta volta non vos preocupedes, xa que no ámbito da música non ten sentido chegar a considerar que unha canción está rota ou precisa ser apañada porque deixou de ser útil; pode que nos guste máis ou menos (isto sempre acontece) pero o significado da palabra arranxo cambia completamente. Avanzade polas seguintes lapelas para coñecer o tema en cuestión!

Que é un "arranxo musical"?

Poderíamos dicir que elaborar un arranxo musical é un proceso no que convertimos unha idea sonora como unha canción, unha melodía ou un simple acompañamento nun elemento concreto. É dicir, transformamos a música nunha partitura, de maneira que conseguimos gardar para sempre esa idea para que non se nos esqueza! 

Que é unha partitura?

A estas alturas xa deberíamos sabelo, pero por se as moscas imos a facer un pequeno repaso. Segundo a Real Academia Galega da nosa lingua, unha partitura defínese como a "representación gráfica dunha composición musical". Nin máis, nin menos. Polo tanto, prodúcese como resultado de plasmar nun papel todas esas ideas musicais das que falabamos, recurrindo ás grafías universais propias da linguaxe musical para que todo o mundo as poida interpretar. E como unha imaxe vale máis que mil palabras velaquí tedes un pequeno exemplo gráfico:

Notas musicales antiguas
Racool Studio (Freepik). Notas musicales antiguas (CC BY)

Quen se encarga de arranxar a música?

Pois a resposta é do máis sinxela, calquera persoa que teña os coñecementos suficientes para levalo a cabo pode crear unha partitura de forma correcta. Sen embargo, a realidade é que debido á complexidade e preparación necesarias para facelo de xeito profesional existe unha figura no ámbito musical que se encarga de facelo, a persoa coñecida como arranxista musical. É a encargada de preparar as partituras para poder documentar e rexistrar a música, de maneira que as persoas que participaron na creación da idea musical poidan reclamar a súa autoría, e o que é máis importante aínda... garantir que non se perda e que todas as persoas que o desexen a poidan interpretar.

Freepik (Freepik). Crear música, escribir una partitura musical y tocar el teclado electrónico (CC BY)

Despois desta pequena introdución, e como xa estamos chegando ao final deste proxecto, imos a realizar un breve percorrido polas diferentes figuras musicais que interveñen na creación dunha canción, de maneira que poidamos establecer unha cronoloxía aproximada do proceso. 

Para facelo soamente deberedes escoller de entre todas as opcións que se amosan a persoa máis axeitada para realizar cada unha das funcións que se van sucedendo nos ocos que atoparedes no texto a continuación. Lembrade, soamente unha opción é a correcta, e non hai límite de tempo. 

Imos aló!

Ilustración del concepto de procesamiento
storyset (Freepik). Ilustración del concepto de procesamiento (CC BY)

O primeiro que debemos ter en conta para comezar o proceso de creación dunha idea musical é a inspiración. A inspiración nin se compra nin se vende, e é un ben escaso nun ámbito no que as empresas presionan ós/ás  con fin de publicar cantas máis mellor.

A figura do é crucial nos inicios, xa que será a persoa encargada de compoñer algunhas das pezas máis famosas para que as estrelas musicais que coñecemos as poidan cantar. No caso da creación das letras das cancións, xeralmente o é a persoa que se dedica profesionalmente a facelo, aínda que pode darse o caso de que sexan os propios artistas os que as elaboren, que desta volta reciben o nome de (compoñen íntegramente as súas cancións e tamén as interpretan).

De quen se encargará de escribir as partituras non hai dúbida... acabámolo de coñecer e será o

Se temos sorte e o noso tema convértese en todo un internacional, precisaremos contar cun  de confianza para axudarnos a impulsar a nosa carreira e por suposto un road manager que nos organice unha xira de concertos con tódalas comodidades necesarias.

Ah! E non podemos esquecernos de figuras tan importantes na gravación do disco como son os , músicos profesionais e virtuosos encargados de interpretar diferentes instrumentos e tamén dos , coñecedores de toda a loxística e aparellos para facelo da mellor maneira posíble. 

Pois xa vedes... unha marea de xente!

Habilitar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova ventá)