Completa

Ampliación

Ocultar

Visita a páxina web de Kaldarte, que é un festival de arte urbana, e mira as distintas obras de arte que se realizaron en Caldas de Reis nos últimos anos. Dentro da páxina hai un mapa con fotografías de todas elas e podes amplialas para observalas mellor.

Algunhas obras son temporais e outras permanentes. 

Mural permanente

Comentade

Ocultar

Cando todos rematedes o esquema deberedes comentar cos vosos compañeiros e compañeiras o que máis vos chama a atención do que aprendíchedes sobre Caldas de Reis seguindo a estrutura 1-2-4: Primeiro pensade individualmente, despois intercambiade opinións en parellas e, posteriormente, en grupos de catro.