2. As grandes etapas históricas

 

Ocultar

Ao pasar por enriba dunha ponte, Uxía pregúntalle á súa mestra se é seguro camiñar por ela, xa que parece moi antiga. 

- A Ponte Bermaña foi construída no século I, na Idade Antiga, polos romanos, aínda que posteriormente sufriu modificacións. Nesa época as construcións eran moi boas. De feito, en diversos lugares de Galicia todavía existen hoxe en día moitos restos romanos en moi bo estado e seguro que coñecedes varios. 

- Pero os romanos non viven en Roma? - pregunta un rapaz.

Ler con pictos premendo aquí

Mapa

Ocultar

2

Preme sobre as lupas e as chinchetas para poder ler a información.

O seu navegador non é compatible con esta ferramenta.

Ampliación

Ocultar

Infórmate en distintas páxinas web sobre os aspectos xerais da vida na Prehistoria e na Idade Antiga ou formade grupos de expertos para buscar os seguintes temas: 

- Idade da Pedra e Idade dos Metais (cobre, bronce e ferro).

- As grandes civilizacións: Mesopotamia, o Antigo Exipto, a Antiga Grecia e a Antiga Roma.