3. A arte e a cultura na antigüidade

 

Antía colle no albergue un folleto de información turística sobre Caldas de Reis e le sobre a importancia do petróglifo Laxe dos Bolos. 

- Sabíades que na Prehistoria os nosos antepasados xa fixeron debuxos en pedras que aínda se conservan hoxe en día? - coméntalles aos seus amigos. 

- Debía ser un neno pequeno o que fixo eses gravados - engade Xan mirando as fotos.

- A arte rupestre apareceu como medio de comunicación, non para decorar. Ademáis, pintar sobre unha superficie rochosa non era tan fácil como facelo sobre un papel, cunha mesa debaixo e moitas pinturas e cores para escoller.

Ler con pictos premendo aquí