Cando están recollendo e gardando todo nas súas mochilas escóitase o tintín dunha moeda no chan.
- Quen perdeu un euro? - Pregunta Xan.
- Se é redondo é meu! - exclama Uxía chistosa-. Falando de diñeiro, vistes os carteis que hai na entrada do albergue sobre o diñeiro e os métodos de pago? Algúns consellos aínda non serven para nós porque non empregamos cartóns bancarios pero podemos ir aprendendo para o futuro!