A liña do tempo

Completa

Ocultar

Le o texto e completa as palabras que faltan.

Número de preguntas: 7

Acertos: 0

Erros: 0

Puntuación: 0

Tempo límite (mm:ss):

00:00

Minimizar:
Pantalla Completa:
Xenial! A pista é:
Pregunta sen imaxes

Solución:

Respostar
O seu navegador non é compatible con esta ferramenta.

Elabora unha liña do tempo sobre a túa vida

Ocultar

1º : Busca exemplos de liñas do tempo en Internet para ver diferentes modelos.

2º: Elabora unha lista cos momentos da túa vida que consideres máis importantes (por exemplo: o nacemento, os primeiros pasos, o comezo na escola infantil, o inicio no colexio, a caída do primeiro dente, a primeira viaxe no bus ou no tren, etc. ).

3º: Colle os materiais necesarios: papel (preferiblemente cuadriculado e en posición horizontal), regra, lapis, goma e pinturas.

4º: Calcula a escala que empregarás, é dicir, o tamaño que ocupará cada ano representado para que todos os anos ocupen o mesmo, tendo en conta a túa idade. Por exemplo, cada ano pode ocupar 4 cadrados (se o papel ten cuadrícula) ou 5 cm. 

5º: Debuxa unha liña recta horizontal ou un rectángulo tendo en conta o paso 4º. 

6º: Engade liñas verticais para marcar os momentos nos que tiveron lugar os sucesos máis destacables e escribe o que aconteceu en cada caso. Este é un exemplo:

Liña do tempo de exemplo

(Podes premer na imaxe para descargala se precisas ampliala)

7º: Podes engadir debuxos de cada momento e colorear.

Ampliación

Ocultar

Elabora unha liña do tempo sobre a túa vida ou sobre outro tema empregando recursos dixitais

Por exemplo, podes facelo nun programa de Libre Office, como Draw, Writer ou Impress (engadindo unha liña ou unha forma rectangular e cadros de texto).

Podes incluír imaxes que atopes en Internet (como un bebé, xoguetes, medios de transporte, etc). 

Non esquezas gardar o documento escollendo o nome e a ubicación do ordenador na que queres que estea.