Enche os espazos
Despois de ler a definición de Quidditch ou Quádbol, cres que poderías explicar coas túas palabras a alguén que non sabe nada sobre este deporte, en que consiste?
A seguinte actividade está deseñada para que identifiques as ideas principais que tes que incluír nunha boa definición do Quidditch ou Quádbol.
Segue estes pasos para facer a actividade:
- Le as palabras que están na táboa inferior.
- Le o texto que hai debaixo da táboa.
- Emprega o Dicionario da RAG se non entendes algunha das palabras.
- Enche os espazos usando as palabras da táboa.
- Le o texto completo e comproba que ten sentido. Se tes algo que cambiar, faino.
- Volve a ler o texto e, se pensas que a tarefa está completa, preme no botón "enviar".
- Comproba as respostas.
Imos definir o Quidditch ou Quádbol!