1. Definición de Quidditch ou Quádbol

Xogadores e xogadoras nun partido de Quidditch
Radiat. Xogadores e xogadoras de Quidditch (CC BY-NC-SA)
  • O Quidditch ou Quádbol é un deporte de equipo, onde xogan 2 equipos simultaneamente no mesmo campo.
  • Foi creado en 2005 na Universidade de Middlebury en Middlebury, EE.UU, tendo as súas raíces no mundo máxico das novelas de Harry Potter.
  • Para xogar empregamos diferentes materiais: Vasoiras (churros/tubos PVC), 6 aros-portería, 1 Quaffle (Balón de Voleibol), 3 Bludger (Balóns de gomaespuma), 1 Snitch (Bóla de Tenis).
  • O espazo de xogo é rectangular. Un campo de 60 m x 33 metros, con 3 aros de diferentes alturas a cada lado do campo.
  • O obxectivo do xogo é, obter máis puntos que o equipo contrario, introducindo o balón (Quaffle), nos aros-portería ou conseguir atrapar a Snitch.
  • Nun partido de Quidditch ou Quádbol xogan dous equipos mixtos. Cada equipo está composto por entre 7 xogadores e xogadoras e ata un máximo de 21 inscritas/os.
  • A regra do "MÁXIMO CATRO" di que un equipo non pode ter máis de catro xogadores/as do mesmo sexo no campo ao mesmo tempo, garantindo así que o deporte sexa inclusivo con todos os xéneros e que esta diversidade se manteña sempre no terreo de xogo.
  • As cualidades máis destacadas para xogar a este deporte son a coordinación, a toma de decisións, golpear e recepcionar.
  • Os valores que se potencian no Quidditch ou Quádbol son:
    • coeducación: xa que os equipos son mixtos e inclusivos atendendo as diferentes diversidades sexuais;
    • cooperación: precísase a participación das persoas do equipo para conseguir o obxectivo;
    • superación: dun xeito lúdico, cada persoa dá o mellor de si;
    • esforzo: para tratar de gañar ao equipo contrario;
    • motivación: por obter un bo resultado, traballando en equipo.