Saltar navegación

4. Equipos e material

Materiais de Quidditch ou Quádbol
Danachos. Materiais de Quidditch ou Quádbol (CC BY-NC-SA)

En Quidditch ou Quádbol, os EQUIPOS son mixtos.

  • Haberá 7 xogadoras/es por equipo ao comezo de cada partida.
  • Pode haber ata un máximo de 21 xogadoras/es inscritas/os en cada equipo.
  • Durante o xogo non poden xogar ao mesmo tempo catro xogadores/as do mesmo sexo. A Regra "Máximo Catro", busca igualdade no  campo en termos de xénero. O xénero co que se identifique un/ha xogador/a é o considerado para este límite, independentemente de aquel asignado ao nacer.

TIPOS DE XOGADORES/AS:

Xogadora Gardiá Xogadora Cazadora Xogadora Golpeadora Xogadora Buscadora Snitch Runner
1 Gardiá/án:
3 Cazadores/as:
2 Golpeadores/as:

1 Buscador/a:

Snitch Runner:

  • Leva unha banda verde e defende os aros. Participa nos ataques dos/as Cazadores/as recibindo pases.
  • Levan unha banda branca e marcan goles pasando a Quaffle.

  • Levan unha banda negra e utilizan as Bludgers para eliminar temporalmente do xogo a xogadores/as do equipo contrario.
  • Leva unha banda amarela (entra no campo aos 19-20´ minutos). A súa misión é capturar a Snitch, esquivando a persoa que a protexe (conseguila son 30 puntos e finaliza o partido).
  • Árbitro/a imparcial (entra no campo aos 18 minutos). Leva a Snitch.

Para xogar ao Quidditch ou Quádbol precisamos o seguinte MATERIAL:

  • Vasoiras.
  • 6 aros-portería.
  • 1 Quaffle (Balón de Voleibol).
  • 3 Bludger (Balóns de gomaespuma).
  • 1 Snitch (Bóla de Tenis).
  • Un chifre, que designe o inicio e final de cada período e xogos.
  • Un cronómetro.
  • Bancos para as/os xogadoras/es suplentes.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)