A cancha onde se xoga a Quidditch ou Quádbol ten forma rectangular e as dimensións son 60 metros x 33 metros. Porén, dependendo do torneo os/as organizadores/as teñen a autoridade de modificar as dimensións do campo de xogo.
Non obstante, se o ximnasio ou a instalación na que ides practicar Quidditch ou Quádbol non ten estas dimensións, adapta as medidas ao espazo dispoñible.
Fíxate, agora, nas seguintes características da cancha:
- Área da/o gardiá/án: situada a 11 metros da liña do medio do campo.
- Liñas de gol: son dúas liñas paralelas ás liñas de fondo, conectan as liñas laterais e sitúanse a 16,5 m. da liña do medio do campo.
- Liñas de saída: están situadas a 3 metros da liña de gol cara a zona da/o gardiá/án e empréganse para dar a saída.
- Áreas de penalización e substitución: establécense para cada equipo na súa zona do campo.
- Bancada dos equipos: nela sitúanse os/as xogadores/as para entrar a xogar no campo.
- A cada lado do campo atópanse 3 aros de diferentes alturas (1,83 m, 1,37 m y 0,91 m) e cun espazo entre eles de dúas vasoiras, 2,34 metros.