Como xa sabes, é fundamental que realices exercicios de quecemento o máis a miúdo posible e SEMPRE que vaias practicar algún deporte.
Na túa rutina de quecemento, deberás incluír mobilidade articular, exercicios dinámicos e estiramentos.
A modo de exemplos, podes empregar esta rutina de xogos e exercicios que propoñemos, para rematar a sesión cun partido de Quidditch ou Quádbol:
Os/as xogadores/as que pillan, desprazaranse polo espazo intentado golpear ao resto das/os xogadoras/es coas Bludgers. |
Os/as xogadores/as , desprazaranse en parellas polo espazo realizando pases e recepcións intentado non ser eliminados/as polos/as golpeadores/as. |
Divídese a clase en dous equipos. Un equipo serán golpeadores/as e intentarán eliminar coas Bludgers ao outro equipo lanzando as pelotas. |
Divídese a clase en dous equipos. Un equipo formará un corredor para que o outro equipo intente pasar sen ser golpeado coas pelotas. Os/as xogadores/as, deberán activarse nos aros. |
En equipos de 4/5, os/as xogadores/as intentarán facer 5 pases entre o equipo para posteriormente lanzar aos aros. |
Se queres ver o vídeo do quecemento completo de Quidditch ou Quádbol, preme sobre o logo da canle