| DURACIÓN |
Un partido de Quidditch ou Quádbol non ten unha duración determinada. Dura o que se tarde en coller a Snitch. |
| A medida que vai transcurrindo o tempo (cada 5 minutos, dende o minuto 18) engádense unha serie de impedimentos ao/á Snitch runner, de forma que se poida facer máis fácil a captura. | |
| COMEZO DO PARTIDO | Os/as 6 xogadores/as iniciais de cada equipo deben aliñarse no campo, detrás da liña de arranque ou saída. |
| O xogo comeza cando o/a árbitro/a grita "Brooms up" (vasoiras arriba). Nese momento os/as xogadores/as corren cara as pelotas que están no medio do campo. | |
|
Os/as CAZADORES/AS e a/o GARDIÁ/ÁN intentan anotar goles, avanzando coa QUAFFLE polo campo, correndo e pasándoa. |
|
|
Os/as GOLPEADORES/AS usan as pelotas BLUDGERS para "noquear" a calquera xogador/a do equipo contrario que non teña inmunidade. Calquera xogador/a golpeado pola Bludger, está fóra de xogo ata que toque os seus propios aros. |
|
|
Os/as BUSCADORES tratan de atrapar a SNITCH que vai suxeitada ao cinturón do Snitch Runner, un/ha atleta neutral e vestido de amarelo cuxo traballo é evitar ser capturado/a. |
|
| REGRESO AOS AROS |
Indica que un/ha xogador/a debe cesar de xogar e regresar aos seus aros baixado da vasoira, tocalos e activarse para posteriormente regresar ao terreo de xogo. |
| PUNTUACIÓN |
Marcar en calquera dos tres aros-portería son 10 puntos. |
| Atrapar a Snitch son 30 puntos e implica o final do partido. |