Skip navigation

Guide for teachers

About this project

A experiencia como docentes de Lingua Estranxeira dinos que os alumnos presentan un coñecemento bastante reducido da realidade sociocultural, histórica e xeográfica do Reino Unido.

Este proxecto, que consta de diferentes módulos, concibiuse co propósito de que a través de diferentes tarefas e actividades que os alumnos han de desenvolver a nivel individual, en parellas e en pequenos grupos colaborativos, se acheguen moito mais á cultura anglosaxoa e a todo o que lle rodea, agrupando as diferentes temáticas como se de bloques de contido AICLE (Aprendizaxe Integrada de Contidos e Linguas Estranxeiras - CLIL en inglés) se tratase.

A andamiaxe e a investigación forman tamén unha parte importante deste proceso, axudándoos a reforzar todas as competencias clave, tan necesarias para a vida. En todos os módulos lévanse a cabo tarefas de comprensión lectora, comprensión auditiva, expresión oral e expresión escrita, traballando deste xeito as catro habilidades lingüísticas. De igual modo, ao finalizar cada módulo ofréceselle aos alumnos unha autoevaluación e un cuestionario de valoración do módulo en sí e das actividades propostas.

Cada un dos módulos está pensado para desenvolverse ao longo de varias sesións lectivas ou incluso como un proxecto global sobre o Reino Unido que levará semanas. A temporalización de referencia para cada un dos módulos comprende un mínimo de 7 e un máximo de 10 sesións suxeridas tendo en conta que o traballo grupal presente en cada módulo adoita requirir mais dunha sesión e a exposición oral do produto final outra sesión adicional.

Os textos escritos presentes en cada módulo expostos como tarefas de comprensión lectora acompáñanse dun recurso auditivo para posibilitar a lectura e a escoita ao mesmo tempo, mellorando tamén, deste xeito, a accesibilidade do recurso.  Nalgunha tarefa específica de expresión oral tamén inclúese este recurso adicional para mellorar a comprensión da tarefa proposta. Nas restantes actividades espérase que sexa o/a docente quen as presente e guíe ao alumnado, solventando posibles dificultades de comprensión. Cabe destacar a adaptabilidade de tódalas tarefas propostas para poder dar resposta ao alumnado con NEAE.

En canto á retroalimentación a proporcionar polos docentes en actividades de expresión oral tales como presentacións ou debates levados a cabo no aula, recoméndase o uso dunha rubrica de avaliación que valore os aspectos indicados aos alumnos en cada actividade previamente, co fin de que sexan coñecedores dos puntos que serán obxecto de avaliación e, á súa vez, motivalos na preparación deste tipo de actividades.

A rúbrica deberá estar enfocada aos puntos de avaliación que se mencionan ao final dalgunhas actividades e que guiarán aos alumnos na preparación da tarefa, basicamente tendo en consideración o contido, a estrutura, a fonética, o léxico e a gramática en varios niveles de consecución. Cada docente poderá confeccionala cos puntos que considere máis oportunos en relación ao seu grupo-clase.

As diferentes partes desde proxecto inclúen os seguintes módulos:

  1. CLIL – Geography – UK
  2. CLIL – History – UK
  3. CLIL – Maths – UK
  4. CLIL – Social Sciences – UK
  5. CLIL – Technology – UK

 

Entre os obxectivos educativos que se pretenden a través dos cinco módulos atópanse os seguintes:

  • Ampliar notablemente o coñecemento da cultura británica en tódalas súas vertentes.
  • Conseguir unha aprendizaxe significativa, onde os alumnos establezan relacións entre os novos conceptos e os xa aprendidos con anterioridade, reciclando vocabulario básico relacionado cos diferentes temas de estudio.
  • Mellorar de forma significativa as competencias clave.
  • Aumentar o nivel de interese, motivación e autoestima dos alumnos en relación coa lingua inglesa mediante un enfoque multidisciplinar que trata temas da vida real.
  • Asegurar a inclusión dos alumnos, garantindo as mesmas oportunidades para todos eles a través do uso das TIC.
  • Potenciar a convivencia como un aspecto esencial do desenvolvemento integral dos nosos alumnos, traballando as habilidades sociais e contidos de maneira transversal.
  • Promover a educación en valores, co obxectivo de que os alumnos se convertan en cidadáns tolerantes, responsables e comprometidos coa creación dun mundo máis xusto e cada vez máis multicultural.
  • Impulsar a educación en habilidades para a vida diaria, permitindo aos rapaces facer fronte as demandas e desafíos do día a día.
  • Intensificar o uso das TIC, a mellora das destrezas comunicativas en lingua inglesa e a innovación educativa.
  • Resaltar a atención á diversidade dos alumnos, tendo en conta que teñen diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe.

 

Os contidos e estándares de aprendizaxe traballados ao longo dos módulos atópanse no currículo de 6º curso de Educación Primaria para as áreas de primeira lingua estranxeira – inglés, ciencias sociais e matemáticas.

 

Á marxe do uso da lingua inglesa como vehículo de comunicación debemos ter en conta que o enfoque AICLE constitúe un ensino competencial sitúando ó alumno nun contexto real no que vai progresando a través de actividades e tarefas. As 7 competencias clave contribúen  notoriamente nos cinco módulos AICLE propostos.

 

  1. Competencia de comunicación lingüística(CCL): En canto fai referencia á habilidade de usar unha lingua, expresando ideas e interactuando con outras persoas de forma oral e/ou escrita en diferentes contextos. Trátase de unha das competencias máis destacada nas cinco unidades AICLE.
  2. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT): Na medida en que se traballan con números e cantidades, resolución de problemas, estimacións ou planos de lugares de interese.
  3. Competencia Dixital (CD): Sendo esta a competencia máis destacada en tódalas unidades por contribuír á mellora da habilidade de traballar con información a través de dispositivos electrónicos.
  4. Aprender a aprender (AA): Facendo aos alumnos conscientes do que deberían saber como falantes da lingua inglesa, reflectindo no seu propio proceso de aprendizaxe, traballando de forma autónoma e tamén colaborativa, e identificando como aprenden mellor e que estratexias de aprendizaxe funcionan mellor para eles.
  5. Competencias sociais e cívicas (CSC): Visto que a lingua inglesa ten por finalidade a comunicación, esta competencia guía ós alumnos a saber convivir e respectarse impulsando a tolerancia cara cidadáns de outros países e culturas distinta da súa propia.
  6. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE): Esta competencia sitúa os alumnos no centro do proceso educativo pois deben escoller e aplicar de forma consciente estratexias de comunicación, fortalecendo a súa identidade como usuarios da lingua estranxeira.
  7. Conciencia e expresións culturais (CCEC): Trátase doutra das competencias clave máis destacadas neste proxecto, onde a lingua inglesa utilízase como una ferramenta de transmisión cultural anglosaxoa coa finalidade non so de aprender aspectos culturais senón tamén de favorecer a aceptación das diferencias culturais a través de diferentes temáticas.

 

Coa metodoloxia AICLE a participación activa do alumnado non só de forma individual senón tamén a través do traballo en grupo e cooperativo para levar a cabo algunhas tarefas nas que se potencia o respecto e a solidariedade entre o alumnado. A taxonomía de Bloom combinada co enfoque AICLE guíanos cos diferentes niveis de coñecemento que vai adquirindo o alumnado a través das diferentes unidades didácticas. Isto concrétanse nos seguintes pasos:

Teoría (memorizar ou recordar)> Comprender>Aplicar >Analizar> Avaliar>Crear

 

As actividades propostas abarcan as catro destrezas lingüísticas e diferente tipoloxía, predominando as de tipo interactivo que se van alternando nos diferentes módulos (Verdadeiro-falso, Xogos de vocabulario A-Z, rechea con palabras, escolle nunha lista, elección múltiple, etc.) e organízanse tamén en base a diferentes agrupacións do alumnado no aula.

 

En canto a avaliación utilizaranse  procedementos cualitativos e levarase a cabo a autoavaliación dos alumnos, punto fundamental cando se trata de medir o logro das competencias clave mediante o enfoque AICLE.

Deste xeito, a avaliación permitiranos valorar o nivel de desempeño dos alumnos  ao longo do proceso de aprendizaxe, adaptar as actividades segundo as súas características e comprobar se adquiriron os obxectivos educativos propostos.

Entre as técnicas avaliadoras que se utilizarán está a observación das actividades interactivas realizadas polos alumnos. Isto levarase a cabo mediante un rexistro anecdótico. Tamén utilizaranse rúbricas de avaliación que midan nunha escala de 1 a 5 a través de indicadores, probas escritas, a autoavaliación en forma de cuestionario e a avaliación da práctica docente.

Co obxectivo de avaliar as competencias clave traballadas mediante a taxonomía de Bloom os alumnos realizarán diferentes tipos de actividades prácticas escritas e orais, e tarefas de creación medidas a través de rúbricas.

 

Espero que vos guste e vos resulte útil!

B.D.R.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)