Saltar navegación

Tipos de escalas

Tipos de escalas

Unha vez que xa sabemos o que é unha escala e os seus graos, imos coñecer os distintos tipos de escala diatónica. 

A diferencia entre estas escalas atópase nos graos VI (superdominante) e VII (sensible ou subtónica), tanto nas escalas maiores como menores.
 

Escalas Maiores
Modifican o VI, o VII ou ambos, un semitón descendente.
 
1º tipo ou Natural: é a escala coas alteracións propias da armadura. 

Escala Sol M con Fa# na armadura


2º tipo
ou Mixta Principal: escala coas alteracións propias da armadura pero co VI grao alterado descendentemente un semitón.


Escala Sol M co Fa# na armadura e o Mib

3º tipo
ou Mixta Secundaria: escala coas alteracións propias da armadura pero co VI e o VII graos alterados descendentemente un semitón.

Escala Sol M co Fa# na armadura e o Mib e o Fa becuadro

4º tipo
ou Mixolidia: escala coas alteracións propias da armadura pero co VII grao alterado descendentemente un semitón.



Escalas menores

Modifican o VI, o VII ou ambos, un semitón ascendente.
 

Natural
: é a escala coas alteracións propias da armadura. 

Escala La m sen alteracións


 
Harmónica: escala coas alteracións propias da armadura pero co VII grao alterado ascendentemente un semitón.

Escala de La m co Sol#

Melódica
: escala coas alteracións propias da armadura pero co VI e o VII graos alterados ascendentemente un semitón. Esta escala en sentido descendente perde estas alteracións.

Escala de La m co Fa# e Sol# ascendente e becuadros descendente



 

Dórica
: escala coas alteracións propias da armadura pero co VI grao alterado ascendentemente un semitón.

Escala La m co Fa#