Comezamos!!!
Despois de ter claro as tonalidades, imos traballar coas escalas, tanto maiores como menores. Sabedes que é unha escala? Pois hai diferentes tipos..imos coñecelas?
Seguiremos a traballar o ritmo, con compases coñecidos como 3/8 ou 2/4, pero comezaremos a practicar os compases novos, como o 2/2. Farémolo cantando pero tamén cun pouco de percusión corporal, que vos parece?
E como non, teremos unhas bonitas melodías para interpretar todas/os xuntas/os. Algunha seguro que a recoñecemos!
Comezamos entón?