Xogando cos compases!
Imos practicar os esquemas rítmicos dos compases simples con figura de branca que aparecerán despois nas lecturas.
2/2

Os pasos a seguir serán (empregade o vídeo para apoiaros no estudo):
1º Empregando unha sílaba (na ou la).
2º Agora con palmas.
3º Un pouco de percusión corporal para asimilar totalmente a secuencia rítmica, (co pé dereito para as brancas; palmas para as corcheas; pitos para as negras).
3/2

Seguimos os mesmos pasos:
1º Empregando unha sílaba (na ou la).
2º Agora con palmas.
3º Percusión corporal para asimilar totalmente a secuencia rítmica, (co pé esquerdo para as brancas; palmas para as corcheas; pitos para as negras).