Saltar navegación

Deseños rítmicos

Compases simples

Como xa vimos nos cursos anteriores e repasamos na primeira unidade, un compás simple é aquel que está formado por figuras simples, é dicir sen puntiño.

Os compases simples, segundo a figura sexa Debuxo dunha negra   ou  Debuxo dunha branca  son:

Ao lado da negra 2/4, 3/4, 4/4; ao lado da branca 2/2, 3/2, 4/2

2/2: numerador e denominadorLembrade que no compás o numerador indícanos o nº de figuras (2), e o denominador o tipo de figura (2-branca), de ahí que este compás teña dous pulsos e en cada un entre unha branca, ou o que é o mesmo, que nun compás entren 2 brancas.


O movemento dos brazos á hora de medir é igual aos compases simples de unidade de negra.