Quecendo motores!
Antes de comezar a cantar, xa sabedes que temos que facer uns exercicios para preparar a nosa voz e que non sufra danos. Lembrade que os facemos de pé e en círculo para vernos uns os outros.
Comezamos con exercicios de relaxación e respiración! (están na Unidade 2). Lembrade que todos estes exercicios teñen que axudarnos a comprender que a voz é impulsada cara arriba pola columna de aire, como unha pluma levada polo vento.
Unha vez feitos, pasamos aos exercicios de articulación e vocalización (se necesitades repasar ide á Unidade 3). Sobre todo, temos que ter clara as posicións da boca nas vogais:
a, e, i
o, u
Unha vez feitos, xa podemos comezar a cantar!