Saltar navegación

Movemos os fíos

Ventrílocuos musicais!

Duración:
00:15
Agrupamento:
Ilimitado
Marioneta
Pch.Vector (Freepik). Mano de empresario de dibujos animados de control de teléfono como marioneta (CC BY)

Seguindo co tema das marionetas, agora toca un pouquiño de marcha! Nesta actividade volveremos a retomar o traballo en grupo, e de novo faremos uso da nosa expresión corporal. Velaquí podedes atopar tódalas indicacións para realizar a tarefa!

INSTRUCIÓNS

PRIMEIRO PASO

Preparamos a actividade

Para realizar esta actividade retomaremos o agrupamento por parellas, e precisaremos un espazo amplo no que os participantes poidan mover sen problema. De darse o caso de que sexamos impares na aula, pódese recurrir a facer un grupo de tres persoas (no que o único que cambiará serán as quendas na repartición dos roles de traballo).

SEGUNDO PASO

Repartimos os papeis

Unha vez establecidas as parellas, explicaremos a dinámica do xogo. Cada membro realizará un papel diferente; xa que un será a marioneta e outro o ventrílocuo (persoa encargada de dirixila). Os roles de traballo variarán en cada quenda.

  • Marioneta: non ten control do seu corpo, e polo tanto debe facer exactamente o que o ventrílocuo lle mande, imaxinando que cada unha das súas extremidades pende dun fío invisíbel, que soamente a persoa que dirixe pode mover.
  • Ventrílocuo: gobernará os movementos da marioneta empregando as súas mans de maneira simbólica, simulará mover os fíos que considere precisos para que a marioneta se poida mover no espazo.

No seguinte vídeo podedes ollar unha demostración práctica das explicacións anteriores para que non queden dúbidas!

ACENTO Escuela de Animadores. Juego Dramático LA MARIONETA | Taller de Teatro | Expresión Corporal | Dinámica de Grupo (CC BY)

TERCEIRO PASO

Movemos os fíos

Agora que xa coñecemos o funcionamento da actividade, soamente nos queda por coñecer a súa banda sonora. Deseguido preséntanse as cancións que acompañarán a tarefa, e que servirán como referencia para cada unha das quendas. Desta forma haberá catro quendas, unha por cada canción, polo que cada un dos membros da parella repetirá unha vez os roles de traballo, tanto de marioneta como de ventrílocuo. Podedes reproducir o arquivo de audio picando nel. Non esquezades adaptar todo o posíbel a expresión corporal ós estímulos musicais que suxire a banda sonora; se transmite sentimentos de ledicia, tristeza, forza e movemento, calma...

Comezamos!

AUDIO 1
Incompetech. Fanfare for Space - Kevin MacLeod (CC BY)
AUDIO 2
Incompetech. Kick Shock - Kevin MacLeod (CC BY)

AUDIO 3
Twin Musicom. Funeral Procession - Twin Musicom (CC BY)
AUDIO 4
Audionautix. Whoopsy - Audionautix (CC BY)






Comprobamos o aprendido!

CHECK LIST
Coolvector (Freepik). Lista de tareas con hombre de negocios en estilo plano (CC BY)

Despois desta actividade práctica que acabamos de facer, imos deternos un anaco para ordenar todas as ideas na nosa cabeciña! O certo é que acabamos de ver moita información importante, e cómpre repasala para que non se esqueza.

Na seguinte actividade deberemos completar o texto escollendo a palabra que mellor encaixe en cada frase. Soamente existe unha opción correcta en cada caso, polo que estade moi atentos/as!

Como acabamos de ver, a é a calidade do son que nos permite diferenciar os sons agudos dos . O certo é que todos os sons están formados por sonoras, e a súa frecuencia de vibración ten que ver co número de ondas que se emiten nun tempo determinado. Todas as notas da escala teñen unha frecuencia de diferente, en función de se son máis agudas ou graves, que medimos en (Hz), e indícanos o número de ondas que se transmiten a cada segundo. Cando queremos aproximar o máximo posíbel a frecuencia dun son a outro na música empregamos a palabra . Na antigüidade os músicos facían uso do , unha sinxela ferramenta que lles permitía obter unha referencia para afinar, pero hoxe en día existen dixitais máis completos e precisos. 

Habilitar JavaScript