Danza da familia Sapo
- Duración:
- 15
- Agrupamento:
- Ilimitado
Chegados ata aquí, é momento de coñecer aos membros da familia Sapo! Aínda que non forman parte dunha desas coñecidas historias nas que unha fermosa princesa rescata ó seu namorado e tan só cun bico rompe o feitizo que o convertera en sapo, a verdade é que son do máis divertidos. E que mellor forma de coñecelos que a través dunha danza onde se van explicando os personaxes e as súas peculiaridades. Prestade especial atención a parte rítmica do baile, xa que ao rematar realizaremos unha actividade de repaso baseada nestes contidos. Agora si, desfrutade da danza!