Saltar navegación

Marionetas

Pendemos dun fío

Marioneta
Vectorjuice (Freepik). Ilustración de vector de concepto abstracto de manipulación psicológica (CC BY)

Marioneta dixital

Duración:
00:15
Agrupamento:
Ilimitado
Robot
Pch.vector (Freepik). Niño feliz levantando las manos con robot (CC BY)

Nesta actividade imos empregar todo o potencial das novas tecnoloxías para traballar coa nosa marioneta dixital. Unha ferramenta especialmente útil para repasar a altura como calidade do son, ao mesmo tempo que pasamos un bo momento! Seguide lendo para coñecer todas as indicacións.

INSTRUCIÓNS

PRIMEIRO PASO

Toma de contacto

A ferramenta dixital que empregaremos pertence ao Laboratorio Musical de Google, e o funcionamento é moi sinxelo: 

  1. Primeiro deberemos escoller a nosa marioneta (podemos seleccionar a que máis nos guste picando nas frechas laterais, e cada unha ten unha cor e un son particular)
  2. Despois darémoslle as indicacións precisas, e para facelo deberemos picar no seu corpo e arrastrar sen soltar o punteiro do rato na dirección que queiramos que se mova (ben cara arriba ou cara abaixo). 
  3. Unha vez deixemos de arrastrar e soltemos o rato, a marioneta recuperará a súa posición inicial.

No seguinte vídeo atoparedes unha pequena demostración!

Demostración
Iván Suárez. Demostración (CC BY)



Podedes botarlle un ollo e probar esta ferramenta facendo clic AQUÍ

SEGUNDO PASO

Comeza o xogo

Para realizar a actividade, deberemos afinar o noso oído todo o que poidamos, xa que o obxectivo é escoitar unha nota musical e dirixir a marioneta (subindo ou baixando) ata que consiga emitir exactamente o mesmo son. Máis abaixo atoparedes as notas que compoñen a escala musical, que son arquivos de audio que podedes reproducir. Prestade moita atención a como soa cada nota, e ao mesmo tempo que a escoitades deberedes empregar a marioneta dixital para emparellar os dous sons! Moita concentración e mans a obra!

Velaquí atoparedes os arquivos de audio coas notas da escala musical:

Nota DO
Nota RE
Nota MI
Nota FA
Nota SOL
Nota LA
Nota SI