Saltar navegación

Mesturando vogais

Café con leite

Duración:
00:15
Agrupamento:
Ilimitado
Neno preparando café
Catalysstuff (Freepik). lustración de dibujos animados lindo hombre barista (CC BY)

Como colofón final a esta unidade didáctica, pecharemos o espectáculo aprendendo unha coreografía moi divertida, que de seguro nos fará pasar un bo momento! O nome da canción é "Café con leite, café", pero a súa peculiaridade ten que ver coa maneira na que ímonos esquecendo e comezamos a trabucar as vogais. Pode resultar un pouquiño lioso ao principio, pero crédeme... é cuestión de práctica! Deseguido amósase a letra da canción e as instrucións a seguir para non perderse. 

Letra da canción "Café con leite, café"
Iván Suárez. Letra da canción "Café con leite, café" (CC BY)

Tal e como aparece no documento anterior, primeiro cantaremos a canción coa letra orixinal (en castelán ou en galego) e despois substituiremos en cada unha das seguintes quendas todas as vogais da letra segundo a orde establecida: A-E-I-O-U.

Sen máis dilación, déixovos o vídeo que contén a coreografía para que poidades practicar os pasos que acompañan a canción. Seremos capaces de empregar a linguaxe corporal ao tempo que falamos empregando as vogais sen trabucarnos? Unha cousa está clara... para facelo hai que concentrarse moito!

Vídeo demostración "Café con leite, café"
ACENTO Escuela de Animadores. Danza CAFÉ CON LECHE, CAFÉ | Canción de Campamento | Dinámica de Grupo | Animación (CC BY)