Quen é quen?
- Duración:
- 00:15
No seguinte xogo imos a ter que aprender a disimular moi ben! Recordades o papel que ten a persoa que dirixe unha orquestra, non si? O normal é que todos os músicos saiban de antemán quen é o director ou directora, para poder atender as súas indicacións sen trabucarse... e que ademais é a única persoa que se sitúa en fronte da banda! Pois ben, neste xogo cambiaremos un pouquiño as normas.
Xogaremos con tres tipos de participantes:
- Músicos: copiarán en todo momento as indicacións da persoa encargada de dirixir.
- Director/a: creará as indicacións improvisando, e para iso pode empregar a percusión corporal, o movemento ou o canto da forma que considere. Total liberdade!
- Inspector/a: abandonará o espazo cando se escolla a persoa que dirixe, e será chamado/a unha vez a orquestra comece a tocar! Desta maneira non coñecerá a identidade da persoa que dirixe... ata que o adiviñe!
INDICACIÓNS DE XOGO
PREPARAD@S...
Formaremos un gran círculo, con espazo dabondo para poder movernos sen problema. Unha vez colocados, distribuiremos os roles do xogo, de maneira que toca escoller o inspector ou inspectora (antes de elixir a persoa que vai dirixir), e unha vez escollida deberá alonxarse do grupo para non decatarse da elección do director.
LIST@S...
Unha vez o/a inspector/a abandona o espazo (pode saír da aula ou ben alonxarxe o suficiente para non ver nin escoitar) nomearemos a persoa encargada de dirixir sen decir o seu nome, de maneira que evitaremos que sexa escoitado. O resto de persoas xogarán o papel de músicos de orquestra. Recordade disimular un pouco e non mirar todo o tempo o director ou directora, xa que o inspector terá máis fácil darse de conta!
XA!
A persoa que dirixe comeza a súa intervención, e todos os músicos deberán facer exactamente o mesmo. Cando todo o grupo estea participando darémoslle a entrada ao inspector para que comece a súa investigación musical.
O director deberá cambiar de forma de tocar constantemente, aproveitando os anacos de tempo nos que o inspector non estea mirando. Aquí se deixan algunhas suxerencias:
- Saltos a pés xuntos
- Palmas (nos xeonllos, no peito, etc)
- Camiñar no sitio
- Imitacións de instrumentos
O inspector dispoñerá de tres intentos permitidos para adiviñar! De non acertar, será o director o que ocupará o posto de inspector na seguinte quenda.
Moita sorte... e a xogar!