Saltar navegación

Dous sons a un mesmo tempo

A POLIFONÍA

Se nos detemos un anaco de tempo e analizamos a propia palabra "polifonía", indícanos precisamente o seu significado. O prefixo "poli-" que dicir varios, e a palabra "fono" é un étimo latino que significa son. Polo tanto, se unimos ambos termos obtemos o resultado de "polifonía = varios sons".

E vós pensaredes... "xa pero unha melodía non está composta tamén por diferentes sons?" A resposta é que si. Pero a diferencia do que acontece coas melodías neste caso varios sons se producen a un tempo, de maneira que comezan e rematan xuntos.

Na seguinte vídeo amósase unha liña melódica, que sobe e baixa polas diferentes filas que compoñen as notas da escala. Se vos fixades nunca coinciden varias notas na mesma columna, senón que se van sucedendo formando pequenas ondas musicais.

Iván Suárez. Melodía (liña melódica) (CC BY)

Pois ben, a polifonía producirase entón cando nunha mesma columna, xuntemos en vertical dous ou máis sons que se tocarán ao mesmo tempo. Polo xeral este procedemento emprégase para acompañar a liña melódica que acabamos de ver, e cando o escoitamos nunha canción estamos a falar do seu acompañamento. A verdade é que non é tan sinxelo de asubiar coma unha melodía, pero é unha parte importantísima a hora de compoñer as obras musicais, e funciona como unha base sobre a que se constrúe despois.

No seguinte vídeo tedes un exemplo gráfico:

Iván Suárez. Acompañamento (CC BY)

E agora chega o momento que de seguro estabamos agardando! Que acontecerá se mesturamos a melodía co seu acompañamento? Pois a resposta tédela deseguido! Prestade especial atención ao funcionamento de ambas partes en conxunto, e o ben que se levan a pesar de ser tan diferentes!

Iván Suárez. Melodía con acompañamento (CC BY)

Soa ben... ou mal?

Duración:
00:15

Na seguinte actividade traballaremos sobre a combinación dos sons. Agora que xa coñecemos o que é a polifonía, imos a dedicarlle un pouco de tempo a reflexionar sobre o que nos gusta ou non nos gusta escoitar. Para iso, imos a experimentar empregando o código das notas da escala musical que xa coñecemos e a nosa propia voz.

Para refrescar un pouquiño a memoria, podedes atopar a continuación o código das notas que empregará a persoa encargada de dirixir o experimento.

Iván Suárez. Código de xestos (formato pdf) (CC BY)

INSTRUCIÓNS

Se é posíbel, formaremos grupos de oito persoas: unha delas será a directora encargada de crear e experimentar a polifonía, e a cada unha das outras sete persoas do grupo adxudicaráselle unha nota da escala musical. Escollede a que máis vos guste! A disposición no espazo será ordeada, de maneira que tódolos integrantes do grupo se situarán en fila ocupando o lugar da súa nota na escala.

Unha vez no sitio, situada a fila diante da persoa encargada de dirixir o xogo, deberemos prestar atención aos xestos que fai con ámbalas dúas mans, de modo que poderán soar dúas notas ao mesmo tempo. Cando o director ou directora agoche as mans na espalda estará representando o silencio e polo tanto todas as notas deixarán de soar.

Para ir quentando a gorxa, faremos unha ronda de quecemento coas notas da escala musical, que poderedes empregar como referencia tonal para non perder a voz unha vez comece o xogo!

NOTA DO
NOTA RE
NOTA MI
NOTA FA
NOTA SOL
NOTA LA
NOTA SI