Saltar navegación

Que é o que está a soar?

OLLO ÁS MANS!

Pregunta

INSTRUCIÓNS DE XOGO

Nesta actividade precisaremos a unha persoa para que realice o papel de director/a, de maneira que será responsable de leer o código de xestos, e despois levalo a práctica para que o grupo o poida interpretar. 

Precisaremos un instrumento de altura determinada para poder tocar as notas que o/a director/a nos pide, e pode ser de calquera familia que consideredes. De forma orientativa, recoméndase escoller algún dos seguintes:

  • Frauta doce (vento madeira)
  • Xilófono (percusión de altura determinada)
  • Metalófono (percusión de altura determinada)
  • Piano (corda percutida)

Para xogar, primeiro distribuiremos os roles no alumnado, de maneira que escollerase a unha persoa para facer de director/a, e a outra que será a encargada de tocar.

Director/a: será a única persoa que mire o código de xestos, e o seu papel é transmitir esa información a persoa encargada de tocar empregando o seu propio corpo, é dicir, falando coas mans.

Músico: seguirá en todo momento as indicacións do director ou directora para saber cales son as notas que ten que tocar.

As melodías a interpretar son pequenos fragmentos de cancións moi coñecidas, que probablemente todos/as recoñeceredes unha vez rematedes de tocalas. Aínda así, presentaranse algunhas opcións e teredes que escoller a correcta. Moita sorte!

CANCIÓN Nº 1

Este é o código de xestos que o director precisa para a primeira canción:

CÓDIGO DE XESTOS 1

CÓDIGO DE XESTOS 1
Iván Suárez Prada. Código de xestos 1 (CC BY)

Respostas

"Estreliña onde estás"

"A Rianxeira"

"Cumpleanos feliz"

Retroalimentación

Pregunta

CANCIÓN Nº 2

Este é o código de xestos que o director precisa para a segunda canción:

CÓDIGO DE XESTOS 2

Código de xestos 2
Iván Suárez. Código de xestos 2 (CC BY)

Respostas

" Despacito"

"A Cucaracha"

"Noite de paz"

Retroalimentación

Pregunta

CANCIÓN Nº 3

Este é o código de xestos que o director precisa para a terceira canción:

CÓDIGO DE XESTOS 3

Código de xestos 3
Iván Suárez. Código de xestos 3 (CC BY)

Respostas

"Debaixo un botón"

"Cumpleanos feliz"

"Un elefante"

Retroalimentación