A linguaxe xestual na música
Pois sí, tal e como acabades de ler, o certo é que na música temos a posibilidade de falar empregando soamente as nosas mans. Mediante a linguaxe de signos, unha persoa pode transmitir información musical moi valiosa, coma por exemplo o nome das notas que quere interpretar, a súa duración ou intensidade, ou incluso dirixirse a un músico en concreto para que interprete unha melodía.
Pero para entendernos, primeiro todos deberemos aprender a falar a mesma linguaxe, e se queremos logralo deberemos adestrar as nosas mans para que coñezan cada un dos xestos que imos a precisar! Así que agora máis que nunca... MANS A OBRA!